Ven, 05 Out 2012, 6:36
Asunto: Re: Pastelalrhum, Equipo Decano do Circuito
Esta madrugada (a iso das
3:55

) soa un
beep beep no meu móbil e eu esperto

. Cando vexo que é un "
guasap" do colega
Eneko "Makoki", o primeiro que me pregunto é: "
Que carallo fai este jicho esperto a estas horas?"... e cal é a miña sorpresa cando o jicho en cuestión fai a mesma pregunta sobre min (calei

e non dixen que estaba polo segundo sono da noite

). En fin, a conversa desenvolveuse en torno a algún problema que tiña para facer a inscripción individual no Circuito... que esperemos se resolva canto antes.
Por certo, logo souben por que
Makoki estaba esperto a esas horas... pois porque andaba por Chile

con 11 horas de diferencia positiva (para el eran as 2:55 da tarde). Seica está alí por cuestións de traballo...pero que o luns xa estará por Palencia de novo. Xa vedes ata onde vamos os auténticos "
pasteleiros" cando hai que dar o callo.