Mar, 23 Out 2012, 12:14
Asunto: Re: MM Cidade de Pontevedra xa co dorsal na man!
Vou tentar ser politicamente correcto:
- No mesmo país, na mesma rexión, na mesma provincia, cómo é posible que unha prova exemplarmente organizada me cobre 10 ou 15 euros (eu paguei 10), e outra análoga, con semellantes prestacións me cobre máis do doble para inscribirme tamén nun Medio Maratón? E un misterio.
- A saida: Ampla, en menos de un quilómetro, cada un para o seu sitio.
- O percorrido aredor da Ria, do Casco Urbano, fermosísimo.
- Os avituallamentos moi ben ubicados, e completos.
- A sinalización dos quilómetros: elevados, e con liña no chan.
- O perfil: ideal para boas sensacións, boas marcas.
- A chegada: impresionante para un popular, na superficie das pistas.
- Bolsa: pastas, iogurt, postre lacteo, mazá, auga, bebida isotónica.
- O coidado ao corredor: Non me touparon os tímpanos con música hortera na área de saida.
- O únicos pero: lixeira algomeración na deixada de bolsas dos altetas. Pero tamén é certo que chegamos sempre "xustos" de tempo.