Mar, 06 Nov 2012, 10:43
Asunto: Re: Media Maratón Volta á Ría de Ferrol (16/12/12)
Muy buenas, acabamos de enviar la info para que aparezca en el calendario, aquí pongo el reglamento:
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR
“XXVII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
O vindeiro día 16 de Decembro de 2012, ás 11 horas, terá lugar a saída do “XXVII MEMORIAL ADOLFO ROS"-VOLTA Á RÍA, que se celebrará conforme co seguinte:
REGULAMENTO XERAL
1.- A saída e chegada terá lugar Avd Xeneral Morgado nº 24-28 ( Centro Civico)
2.- O percorrido será de Media Maratón (21.097,5 mts. aproximadamente), e discorrerá polos concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón.
3.- A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Garda Municipal dos catro concellos, que regularán o tránsito ó longo do percorrido.
4.- Así mesmo actuarán como colaboradores habilidados pola organizacións de Protección Civil dos catro concellos citados.
5.- Está prohibido o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descalificación dos atletas que a infrinxan. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio á organización, que contarán con roupa apropiada e visible
6.- O percorrido estará sinalizado cada 5 Kms.
7.- No percorrido estableceranse controles, así como postos de avituallamiento situados nos concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón e estarán nos kilómetros 5, 10 ,15 e 20
8.- O control de chegada pechará unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado.
9.- As inscripcións nas categorías de A ata a I, poderanse efectuar a partir do día 21 de Novembro ata o día 6 de Decembro no seguinte enderezo:
www.championchipnorte.com
Para a proba de menores, as inscripcións individuais e colexios faránse a partir do día 21 de novembro ata o 6 de decembro, na delegación de Ferrol de Atletismo
www.fgatletismo.es/ferrol/
Para calquera dúbida ou incidencia na inscripción poderán chamar os seguintes teléfonos:
Champión Chip: 982.816.884 horario de 9:00 a 13:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
Centro Civico de Neda: Oficina de Deportes 981.494.431 horario de 9:00 a 13:00 h
Delegación de Atletismo : 981.370.600 en horario de 16: a 20:00h
Aqueles que se inscriban máis de dunha vez, inducindo a posible erro á Organización, quedarán descalificados e non terán dereito a premio.
10.- A Organización ten suscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda ós participantes que con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.
11.- A retirada de dorsais e chips terá lugar o sábado 15 de decembro en Decimas Alcampo a partir das 10,00 ata as 20,00h e o día domingo día 16 de novembro no mesmo lugar da proba dende as 09,00 as 10:30h.
Os dorsais colocaranse en lugar visible no peito, respetándose a publicidade existente neles. Caso contrario o infractor será descalificado.
O acto de recollida de dorsais e chip entenderase como confirmación de participación, debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente.
12.- Dereitos de inscrición: Os participantes deberán aboar a cantidade de 3 euros de inscrición para as categorías da A ata a I, e dous euros para o aluguer do chip, naqueles casos nos que os participantes non dispoñan de chip propio, que serán abonados no momento da inscripción. Máis información na páxina web
www.championchipnorte.com
13.- Establecense as seguintes categorias:
A.Nados/as 1994 e 1995
B.Nados/as 1991, 1990 e 1993
C.Nados/as 1990 ata 35 anos cumpridos o día da proba
D. De 35 a 40 anos
E. De 41 a 49 anos
F. De 50 a 59 anos
G. A partir de 60 anos
H. Minusválidos/as en cadeira de rodas
I. Residentes dos Concellos organizadores (Neda, Fene, Naron e Ferrol) nados 1995 e anteriores
14.- Premios:
Haberá trofeos para os tres clasificados de cada categoría
Os residentes nos concellos organizadores que obtenían premio, deberán xustificar a súa residencia en calquera dos catro concellos ( Neda, Fene, Ferrol o Narón ).
15.- A entrega de premios terá lugar ás 13:30 horas no Centro Civico
16.- A proba será controlada polo Comité Territorial de Xuices de Atletismo e rexerase polas normas do Regulamento da IAAF.
17.- A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que poidan sufrir los atletas antes, durante ou como consecuencia da súa participación nesta proba.
18.- Os participantes deberán correr en todo momento pola dereita da calzada, sendo motivo de descalificación calquera infracción deste punto.
19.- A Organización poderá modificar o presente Regulamento, sen previo aviso naqueles apartados contemplados na Cláusula 5ª do Convenio. Asemade resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste Regulamento.
20.- A inscripción na proba suporá a total aceptación deste Regulamento por tódolos atletas participantes.
21.- A proba terá o seguinte percorrido:
-Saida de Avd Xeral Morgado 24/28 ( Centro Cívico)
- Trovador Esquio, Rosalía de Castro, Avd. Castelao , Avd. Algeciras, camiño do Regueiro, Xeral Morgado e saída cara Fene
- Estrada C-115 (Neda-Fene) ata o Km. 30.500 da N-651(entrada no Concello de Fene).
- Estrada FE-14 dirección Ferrol.( Ponte das Pías).
- Desvio ó polígono da Gándara.
- Avenida do Mar (entrada no Concello de Ferrol).
- Telleiras.
- Avda. de Esteiro.
- Edificio do INEM
- Rúa Ricardo Carballo Calero ( ata a Estrada de Castela).
- Estrada de Castela.
- Ponte das Cabras (entrada no Concello de Narón).
- Estrada de Castela.
- Ponte de Xuvia (entrada no Concello de Neda).
- Estrada AC-862 (Ferrol-Ortigueira-Ribadeo).
- Estrada C-115 (Neda-Fene)
- Chegada por Avd. Alxeciras,Camiño do Regueiro,Xeneral Morgado, donde estará situada a META.
CARREIRA DE MENORES
A continuación da saída do XXVII CARREIRA POPULAR “MEMORIAL ADOLFO ROS”, terá lugar a carreira das categorías de menores, cun percorrido de aproximadamente 2 Km (aprox). para as categorías benxamin, alevín e Infantil masculino e feminino, e de 4Km (aprox) para as categorías, Cadete e Xuvenis masculino e femenino, e discorrerá polo Concello de Neda cos mesmos puntos de saída e chegada que a carreira principal no Centro Cívico, Avd Xeral Morgado 24/28.
As idades das categorías tanto para nenas como para nenos, serán as seguintes:
BENXAMIN: Nados/as nos anos 2004/2005
ALEVÍNS: Nados/as nos anos 2002/2003
INFANTÍS: Nados/as nos anos 2000/2001
CADETES: Nados/as nos anos 1998/1999
XUVENÍS: Nados/as no ano 1996/1997
Premiaranse con trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en nenos como en nenas. Para poder acceder ós premios haberá que xustificar documentalmente a idade dos participantes.
A proba rexerase polo Regulamento do XXVII Memorial Adolfo Ros e o da IAAF.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
A proba rexerase polo Regulamento Xeral da XXVI CARRERA POPULAR “ MEMORIAL ADOLFO ROS” e do Regulamento da IAAF.
Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control ( unha hora dende que entre o primeiro clasificado ), será avisado pola organización e deberá subir o coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba co fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da via , quedando eximada a organización de toda responsabilidade do que pudiese acontecer ( Regulamento Xeral de Circulación R.D 1428/2003).