omega escribió: |
Fantasía de Caballero. Ou o primeiro que se lle ocorreu para quedar ben coa audiencia atlética, que máis ou menos vén ser a mesma cousa. A ver. En efecto, a organización dos 10 km Praia de Samil pretende resucitar e consolidar a antiga Media Maratón de Vigo, feito que, talvez, sucedería dende novembro de 2013. Isto vai a misa, ok? Daquela, non será mellor comezar a casa polos cementos? Xa sei que non resulta imprescindible consolidar primeiro unha Media para, a continuación, pensar nos 42 km., xa o sei. Pero, compañeiros, sobre todo compañeiros vigueses, non coñecemos xa o percal? Cantas promesas suma xa a excelsa máxima autoridade viguesa en relación co atletismo? (paso agora de falar doutros deportes e doutros temas en xeral). Cada certo tempo saca non sei que de Castrelos, non sei canto do paseo do Lagares... Bla, bla, bla... Fantasiosas caralladas cabaleiras, velaí o meu prognóstico. NOTA: Agora, igual aparece neste foro e neste tema a alma pura de quenda dicindo aquilo tan simpático de "non hai que mezclar política con deporte". Apostamos? |
anpefi escribió: |
No os hagáis ilusiones. En Vigo seguro que montan un Vigo +43, con 43 kilómetros y 564 metros, paraser "más" que en A Coruña!;) |