Edu_Iglesias escribió: |
Si se ampliou o número de participantes foi para tentar facer un oco a todos aquel@s que se quedaron fora. Pensamos que con 25 máis sería suficiente, e erramos. Pero como -consideramos que- non nos podemos permitir máis de 150 (polo menos para esta primeira edición) por eso abrimos unha listaxe de reservas, e si se cae algún por falta de pago ou porque non poida asistir, tratar de darlle cabida ós que sí queiran/poidan ir. O que non entendo e que dende a organización estemos tratando de dar cabida a todos @s interesados en participar e que se apunten suspicacias doutro tipo. Sobre o tema da saida en pelotón, comentar que sexa a pé ou sexa en bicicleta 150 participantes van querer estar sempre diante e só un poucos o van conseguir. Como xa apuntei, temos 2 km. de asfalto, máis que suficientes (pois teñen algunha rampiña) para tomar posicións, por eso coido que non hai que agobiarse na saida. |
Edu_Iglesias escribió: |
Alterar o percorrido non figura nos nosos plans, polo menos para esta edición. Non temos tan mala baba como nos presupos. Considero que abrir a man a máis participantes non perxudica a proba, senon todo o contrario. Quizais pecamos de empatía cos atletas porque ademais de organizadores tamén saltamos á area de cando en cando e sabemos o que jode quedarse fora. Hai que entender o que se fai de boa fe, e o que se fai para "joder"; e neste caso non o fixemos para joder a ninguén. |
jef72 escribió: |
E a min paréceme un sinsentido o tema da saída porque,se non recordo mal,estamos a falar dunha proba popular entre amateurs e non do campionato do mundo da especialidade...a maioría coido que somos conscientes de que imos gañar o mesmo,asi que saíndo con un pouco de sentidiño non debería pasar nada;e aqueles que pensen gañarse o ceo desde a primeira pedalada igual se trabucaron de proba. |
ageitos escribió: |
quen vos presupon mala baba??? |
jef72 escribió: |
E a min paréceme un sinsentido o tema da saída porque,se non recordo mal,estamos a falar dunha proba popular entre amateurs e non do campionato do mundo da especialidade...a maioría coido que somos conscientes de que imos gañar o mesmo,asi que saíndo con un pouco de sentidiño non debería pasar nada;e aqueles que pensen gañarse o ceo desde a primeira pedalada igual se trabucaron de proba. |
castiñeiras escribió: |
Que dende a organización pretendamos que a proba sexa popular e non unha clasificatoria para a olimpiada, non significa que os participantes non poidan sair a competir dende o primeiro metro, somos conscientes delo. Cando decidimos que o punto de partida ia ser o que é, tuvemos en conta e valoramos o tema do tapon, incluso consultamos con xente relacionada co mundo da bici e; ainda que o risco sempre vai estar presente, nesta proba ou en calquer outra; consideramos que non ten que producirse ningún apocalipsis. En calquer caso, dada a preocupación que parece xenerar o tema, este fin de semana; in situ; daremoslle outra volta e si consideramos que debemos tomar algún tipo de medida se tomara, pero en principio, a saída tal como esta prevista, non supon ningún risco a maiores do que se pode producir en calquera outra proba de ciclismo. Consideramos que a colaboración e sentido común dos participantes esta garantizado; pola parte que nos toca como organizadores, podedes estar seguros imos poñer todolos medios que poidamos ter para garantir a seguridade dos atletas. Soamente me resta recoñecer que non esperabamos tanta expectación pola proba, nunca pensamos que se ian esgotar as prazas tan pronto; a idea de limitar as mesmas a 125 persoas é responsabilidade miña, da mesma maneira que é responsabilidade miña aumentar o número en 25 máis, cousa que, ademais, xá tiñamos falado antes de publicar o regulamento. Lamentamos non poder dar cabida a máis deportistas, pero precisamente por temas de seguridade tomamos esta decisión. Pido disculpas si a determinación de aumentar o número de prazas causa malestar, pero en ningún caso se tratou de favorecer a ningún persoa en concreto. Solo esperamos que a proba sexa unha festa e que os pinchazos a nivel organizativo e a nivel deportivo; en todolos sentidos; sexán os mínimos. |