Xov, 08 Nov 2012, 18:12
Asunto: Re: LUGO MOMUMENTAL ¿SE CAE DEL CALENDARIO?
caracol escribió: |
Está claro que la monumental no se va hacer, no hay margen desde el momento que ya está fijada una carrera del corre con nos el fin de semana que debía celebrarse la Monumental |
De celebrarse, debería ser o 16/12/2012. A carreira do CCN é a fin de semana anterior.
Despois deste inciso, cóntovos o que fixen eu. Vaia por diante que penso que finalmente se celebrará (ou eso desexo).
Con máis de 1.000 corredores, unha proba destas características non só é un acto deportivo dos cidadáns de Lugo, é un acontecemento que atrae a centos de corredores, familiares e acompañantes de fóra da cidade, con todo o que esto supón para a súa economía: hoteis, restaurantes, bares, etc.
É o meu caso, no que entre amigos que tamén se adican a esta afición e familia, xa temos reservadas catro habitacións nun céntrico hotel de Lugo. Evidentemente a finalidade da reserva é a carreira, co que se non se celebra, procederemos á anulación.
Quero pensar que, aínda que os políticos non teñen moitas luces (para o que non lles interesa), sí as suficientes para ver e entender que un evento destas características ten un retorno económico para a propia cidade, que coa que está caendo non é para obviar.
Así que mandeilles un correo electrónico ós do Concello preguntando se se ía celebrar a carreira, xa que do contrario tería que anular esa reserva. Por suposto que o correo foi con copia ó hotel.
Ben, o que plantexo é o seguinte: por moito que protestemos os corredores, ó Concelllo non lle importará. Agora ben, se empezan a recibir protestas do sector hosteleiro polas perdas que van a ter, outro galo cantará.
Así que se hai máis xente nunha situación similar, non estaría de máis que llelo fixérades saber ó establecemento de turno, para que éste faga presión.
É unha proposta máis de patalexamento, pero, como di o refrán, quen non chora non mama.
Saúdos e vémonos na Lugo Monumental (ou eso espero
)
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es