Lun, 19 Feb 2007, 14:23
Asunto:
resumo a miña experiencia
é a miña segunda media marathon, a primeira foi a de Viana. Estou comezando nesto das carreiras e penso que o importante é ir sumando kilómetros para ir mellorando.
o percorrido era moi bonito pero moi duro, tanto sube-baixa, a primeira parte cara arriba por un val, e logo a volta ainda quen con media en descenso, tamén cos constantes sube e baixa que non hai forma de regular o ritmo. fixen 1h 33 min 40 seg. notei super cargados o xemelgos por mor dunhas series do xoves, e as costas non axudaban, isto fixo que o pasara un pouco mal, non por cansanzo senon pola sensación de carga nos músculos.
como ainda son as miñas primeiras carreiras comezo moi despacio, regulando e en progresión, comezo os primeiros km en 4,40 e os ultimos en 4,10. En Viana fixera sobre 1h 38 min 30 seg polo que seguirei en progresión supoño.
METEOROLOXÃA
Coa meteoroloxía ainda tivemos algo de sorte que apenas choveu porque co temporal que pintaba...e o día que tiveran o ano pasado de nevada.
ORGANIZACIÃ?N
En canto a organización, non teño moitas referencias para comparar pero penso que ben, excepto o de non indicar o percorrido como di chacal. Eu agradezo moitísimo que os km estén amolloados e agradezo tamén o da auga e bebida isotónica incluso o derradeiro a 3 km de meta.
A SAIDA
a saída da carreira non estaba señalizada, eu polo menos non a vin, e tiña que estar como 100 m antes da chegada (según plano) e logo cando toda a xente estaba na saída fixéronnos ir cara atrás ate un lugar indeterminado. Penso que deberían por unha pancarta támén na saída e dende logo no que se supoñia que era a meta volante (ainda que para mín non era)
CORTAR CARRETERA E SENALIZAR RECORRIDO POLO POBO
ten razón chacal co de que o tráfico non é bo que esté aberto ainda que fora unha carretera de pueblo pode ser perigoso nalgunhas curvas. E sinto que tivese que andar a preguntar o recorrido polo pobo, (a verdade que non sei como fixeches chacal, porque nin co plano do rueiro, que eu o estiven consultando antes da carreira). Eu pasei polo pobo o sábado antes de ir para Xixon, e ver onde quedaba o concello para chegar con tempo e non ter que agobiar a miña moza se chego ou non chego a tempo. A verdade que era fácil perderse.
REGALOS e outras
unha camiseta, unha braga, barrita enerxética e algunhas bebidas.
Moi bo o do chocolate ao final, (polo frío que ía e a molladura que apañamos)
Non tiven sorte no sorteo.
A verdade que estou enchendo o armario de camisetas, ¿non pode haber outras alternativas? por exemplo calcetins (que tanto esburaco pola punta), guantes (as veces para entrenear agradeceríase), gorras de inverno, bufandas, paraugas,... supoño que hai alternativas de merchandaisin co mesmo gasto
en fin...