Mar, 13 Nov 2012, 20:53
Asunto: Re: Behobia-San Sebastián 2012.
A miña terceira Behobia xa, impresionante coma sempre. Hai dous anos, na miña estrea, quedei abraiado co ambiente, público, que os hoteis tiveran menús especiais para o corredor, que chovendo como choveu houbexe tanto publico nas ruas, o ambiente no hotel ás 6-7 da maña antes de sair, o tren ata Behobia, a saida que é preciosa, etc, etc. O ano pasado mais do mesmo, pero como fixo bó tempo, as ruas ainda estaban mais cheas, especialmente no porto de Pasajes. E este ano, todo igual, pero tivemos a mala sorte do mal tempo, que desluciu moito a carreira, quitoulle moita xente as rúas o sábado, e a situación da feira do corredor non foi a mais axeitada. Para o ano que ven, pois non sei si irei, o viaxe é una paliza e o gasto é moi alto, e xa levo tres edicions seguidas. Dentro de dous anos, como xa dixeron antes, coa edición 50, e con 30000 corredores, pois si espero voltar. Sin dubida é unha carreira que todos deberían de facer algunha vez ña vida, a miña mellor experiencia atlética si discusión