fendetestas escribió: | ||
A ver, vou a intentalo.... ¿ti crees que unha leituga ten sistema nervioso? ¿crees que pode sentir medo? ¿que pode berrar de pánico? ¿que pode agocharse atemorizada ante un intento de asesinato? Agora pensa o mesmo sobre un corzo, un raposo, un xabarín, etc... Ti dirás... |
FendeTestas escribió: |
Non é nada persoal pero é que eres moi representativo do colectivo a favor da caza Saúdos. |
FendeTestas escribió: |
Sobre as frases que citas, aínda que están aisladas e fora de contexto, non vexo ningunha incongruencia, ti tampouco aportas ningún argumento que as rebata... soamente un comentario burlesco, propio de quen quere evitar o debate. Pero o seguinte post non ten desperdicio... Mira corvo, eu non son profesor de EXB, no colexio a min me enseñaron a diferenciar ó reino animal do reino vexetal. Francamente, se non sabes diferenciar un tomate dun corzo creo que eu non vou a ser quen de explicarche nada. Sí home sí, é o sistema nervioso concretamente o que nos capacita para sentir DOR, DOR innecesario no caso da matanza de animais... é o sistema nervisoso o que fai sentir como che pegan un tiro ou che clavan unha espada, e non home non, os vexetais non teñen sistema nervioso. E nos alimentamos de vexetais porque NECESITAMOS comer, pero non necesitamos infundir dor innecesario para facelo, non necesitamos matar animais para alimentarnos. E se xa infundes dor por pracer, se xa matas por diversión e disfrutas de elo, sí, na miña opinión pódese asemellar a certas enfermedades mentais como a psicopatía. ¿Ti ainda crees que é o mesmo? Pois mira, colle un neno pequeno e ponlle ó lado unha mazá e un poliño pequeno, o exercicio consiste en ver qué comerá... ou a mazá ou polo contrario matará ó polo cas súas mans e o comerá crudo como faría calquer animal carníviro depredador. Non sei se será moi complicado o exercicio, se queres podes experimentalo tí mesmo... proba a coller unha berza e un paxaro calquera, mórdeos e dime si é o mesmo. Sei perfectamente que esta conversa non leva a ningures, básicamente porque nin sequera se manexan ben os términos. So matizar que non son ecoloxistas, quen defende a vida dos animais son animalistas, e ás veces non teñen nada que ver cos ecoloxistas. E os veganos son persoas que non consumen ningún producto de orixe animal... tampoco é tan difícil de entender. Boute aforrar choio... tampouco usan prendas de vestir nin zapatos de orixe animal, e sí respetan a tódolos animais... hasta ás miñocas como ti dis. Se en vez de falar por falar buscaras información quizáis te interesarías polo tema, poderías atopar estudios moi interesantes sobre a agricultura, os costes da ganadería, etc... e sobre alimentación poderías ver que hai quen afirma que o ser humano é hervíboro. Pero ti non, claro, ti verás mais normal sair de caza, depredar ó animal, o matas cas túas mans. o mordes e o papas aínda quente... como faría un carnívoro.... e se non sempre nos quedará a escopeta... Oiches, eu tampouco me puiden conter a pesar e que sei que de pouco vale, non coñezo nin a un so cazador arrepentido, bueno quizáis os que se pegan tiros entre eles.... Non é nada persoal pero é que eres moi representativo do colectivo a favor da caza Saúdos. |
FendeTestas escribió: |
... e sobre alimentación poderías ver que hai quen afirma que o ser humano é hervíboro. . |
FendeTestas escribió: |
O ser humano sí actuou como carroñeiro en tempos pasados pero porque non tiña outra forma de alimentarse, non coñecía como traballar a terra nin sequera recolectaba nos comezos. cazar apenas cazou nunca, esos debuxos de homes con lanzas tras mamuts e cousas raras saberás que está mais que demostrado que eran "soños", "imaxinacións" dos homes de aquel tempo. Nunca fumos cazadores porque a nosa complexión non é a de un cazador, non tes mais que mirar á natureza e fixarte nos depredadores... a ver en qué nos parecemos. |
Cita: |
Evidentemente non temos características físicas que nos permitan cazar, a non ser pequenos animais, pero si a natureza nos dotou de habilidades para crear útiles que nos permiten cazar. Igualmente que outras especies cercanas a nos teñen a capacidade para utilizar ferramentas simples |
FendeTestas escribió: | ||
Estasme a dar a razón, admites que non temos características de cazadores... ademais de todo o que apuntei podería añadir que a nosa vista é unha pataca, o olfato para seguir rastros é inútil, salibamos como puchos... sudamos, en fin... que nos parecemos bastante mais a un corzo que a un leopardo... iso está claro. E se aínda así se comemos carne e non nos nutre debidamente... afirmar que o ser humano é un depredador non ten xeito... so demostra que se fai por diversión, vicio, pracer, saborear a carne ou vai ti a saber o qué... Que logremos a capacidade de elaborar armas non nos convirte en asasinos á especie por definición, porque por construir podemos construir ata bomas atómicas. En resumen pola miña parte, despois de todo o exposto: 1.- o ser humano non corresponde morfolóxicamante co perfil de cazador, é todo o contrario. 2.- Por suposto que pode e come carne, pero non podería vivir so comendo carne e sí cunha alimentación soamente vexetal. 3.- Os argumentos dos cazadores para defender as bondades da caza son falsos, o home caza por pracer e diversión... de feito é o único ser que fai moitas outras cousas despreciables que non se verían no resto do reino animal.. pero eso xa é outra historia O resto está xa dito, eu xa sei que ningún cazador deixará de cazar por leer cousas de este tipo, pero chegará un momento en que as futuras xeracións sentirán vergonza do exterminio de animais por diversión... so basta recordar que hasta non fai moitos anos tamén comerciábamos con vidas humanas. corvo o ser humano foi carroñeiro durante miles de anos, nunca foi un cazador. Decir que a facultade de elaborar armas que lle permitiu matar animales para comer o convirte en cazador non ten sentido. ¿O home é un ser voador? Porque conseguimos útiles para poder voar... pero me da a min si nos tiramos dun barrancos o choio non vai sair ben... pois deixemos a un home en pelotas no monte que ataque un xabarín... a ver quen gaña . Nada mais, vémonos polo monte ... e os que vaiades con escopeta sabede que tedes todo o meu desprecio. Saúdos. |
rcc escribió: |
tema sin futuro no habrá acercamiento entre posturas, |
Cándido escribió: |
Publicado: Lun, 29 Oct 2012, 23:49 Pues eso, si salís al monte a correr o caminar en temporada de caza, ¡tened cuidado ahí fuera! |