Mér, 14 Nov 2012, 14:03
Asunto: XI Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas
XI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
SAN CIBRAO DAS VIÑAS
16 de decembro de 2012
SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA
INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE 3 KM E 8’5 KM
Presenciais en Deportes Running Sport (rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mércores día 12 de decembro
Pola web en
www.championchipnorte.com ata o xoves día 13 de decembro
Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten) e tamén se pertence o Concello de San Cibrao de Viñas por unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou de Barreiros pola outra.
NOTA IMPORTANTE
As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluindo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 5€. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man en Deportes Running Sport.
Os/as participantes da carreira de 3 Km que non posúan NIF, deberán facer a súa inscrición de forma presencial en Deportes Running Sport.
AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP
INFORMACIÓN
javierparedes @ edu.xunta.es
tlf. 647913079
www.championchipnorte.com
www.sancibrao.es
HORARIO
12:00 horas: saída da carreira adultos e nenos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:15 horas: entrega de trofeos e ágape para os participantes
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.
2. A recollida de dorsais e chips, farase desde as 9:00 horas ata media hora antes de iniciar a proba.
3. O percorrido será de 300 m para a categoría Pitufos, de 3 km para as categorías A – B- C- D e de 8’5 km para as restantes categorías. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os escolares pararán na primera volta e os restantes corredores completarán dúas voltas (1 pequena e 1 grande)
4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.
5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar aos obsequios.
7. O percorrido estará sinalado cada km.
8. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP
9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes
10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica Para todos os/as participantes que rematen a proba.
• 60€ ós seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal.
11. Establécense as seguintes categorías:
A) Alevín: 2002 e 2003
B Infantil: 2000 e 2001
C) Cadete: 1998 e 1999
D) Xuvenil: 1996 e 1997
Distancia a percorrer: 3 km (1 volta)
Saída ás 12:00 horas
E) Junior-promesa: 1991 a 1995
F) Senior: 1990 ata veterán Distancia a percorrer: 8’5 km (2 voltas)
G) Veterán A: de 40 a 49 anos Saída ás 12:00 horas
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Pitufos: 2004 e posteriores Distancia: 300 m. Saída ás 13:00 horas
12. Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas
13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.
15. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba
PRÓXIMAMENTE MÁIS INFORMACIÓN
Última edición por San_Cibrao o Xov, 22 Nov 2012, 16:19; editado 2 veces