concellocesures escribió: |
Sabado 29 de decembro. Esa é a data deste ano para a edición deste ano, a XIII xa. Así que ¿onde ides baixar o turrón mellor que nesta proba? O horario é pola tarde, coma sempre: as probas por categorias empezarán a eso das 16.30 h, e a proba grande será sobre as 17.15 h. Luns poñemos mais informacion, pero a través do mail xuventude @ pontecesures.org iremos recollendo inscricions. Eso si, non queremos nin imos a facer o do ano pasado. Xente que chega a últimaaaaaaaa hora a inscribirse, e nos vemos obrigados a improvisar sobre a marcha. O/a que queira vir a Pontecesures e benvido, pero por favor, inscribirse antes. Así so é chegar e recoller o dorsal. (Sempre pode darse algunha excepción). Pero o de andar pedindo dorsais 15 minutos antes da proba grande, en medio das probas dos rapaces este ano non Ás 16 h. deixaremos de dar novas inscricións para entregar os que falten por recolller. E ás 16.30 h. comezaremos cas probas dos nenos. O cartel colgaremolo na vindeira semán. Esperámosvos a tod@s. |
concellocesures escribió: |
Xa temos uns 24 inscritos. A partir da seman proxima poñeremos o acceso ós listados para que se poidan comprobar as preinscricions. Ademais COMA NOVIDADE, e pensando naquela xente que vaia chegar o dia da carreira moi xusta de tempo, PODERÁ TRAER O DORSAL FEITO DA CASA, nunha cartulina blanca tamaño A5 (medio folio A4), para que non teña problemas. Asi, todas aquelas persoas que se están inscribindo por mail, reciben outro mail de confirmacion indicando o número do dorsal que van ter. |