Mar, 11 Dec 2012, 14:49
Asunto: Re: Cross Alpino La Peña del Tren
Aínda apenas me podo mover por culpa das maniotas, o inferno climatolóxico ó final non o foi tanto, da neve nin rastro pero moito frio, tres baixo cero na saída, aínda que debido ó rítmo de carreira os tres km xa sobraba caseque todo, en fin ferrmosisima carreira organización perfecta, atención os correderos de dez, e aínda que pareza mentira o famoso cortalumes do km 20, desniveles do 40%, resultoume un bálsamo para as miñas maltreitas pernas, que onde máis sufriron foi nas baixadas e no llano.
Moitisimo nivel entre os corredores, na meta sopas de allo quentiñas con bolos preñados, e despois para xantar empanada e costelas guisadas con patacas e de postre iogur, en fin contentisimo con esta carreira, para o ano repito seguro.