Mér, 21 Nov 2012, 13:48
Asunto: Re: San Silvestre Pontevedresa 2012
ORGANIZADORES:
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra.
HORARIO DA CARREIRA:
Celebrarase o sábado 31 de decembro de 2012 a partir das 17:00 h. con saída e chegada nas proximidades da praza de España en Pontevedra.
DISTANCIA E PERCORRIDO:
Será de 4.000 metros, para homes e mulleres, en todas as idades, polas rúas da cidade de Pontevedra nun circuíto pechado ao tráfico (ver plano xunto), saíndo pola avda. de Montero Ríos.
Saída na avenida de Montero Ríos e paso polas rúas Marques de Riestra, Oliva, García Camba, Andrés Muruáis, praza de Galicia, Augusto García Sánchez, praza da Liberdade, Raiña Vitoria, Alameda, Doctor Enrique Marescot, Xeneral Martitegui, praza Concepción Arenal, Condesa Pardo Bazán, Arzebispo Malvar, praza do Peirao, Barón, Enfesta de San Telmo, rúa da Ponte, praza Celso García De La Riega, praza Valentín García Escudero, Sierra, avenida de Bos Aires, Irmáns Sobrino Buhigas, Cruz Vermella, Álvaro Cunqueiro, Santa Clara, Sarmiento, praza da Verdura, Sarmiento, praza Méndez Núñez, Sarmiento, Real, praza Curros Enríquez, Soportais, Paseo Antonio Odriozola, praza da Peregrina, Michelena, Xeral Gutierrez Mellado, Marques de Riestra e avda. de Montero Ríos onde estará a meta.
IDADE DE PARTICIPACIÓN:
Poderán tomar parte todas as persoas que así o desexen. A organización non se fará responsable da participación de persoas menores de idade, polo que estarán sempre ao cargo dos seus titores legais ao longo de toda a carreira.
HORARIO E LUGAR DE INSCRICIÓN:
Só se poderá tomar parte na San Silvestre con dorsal oficial e para elo haberá que:
Inscribirse desde, 01/12/12 ata o día 26/12/12, na páxina web
www.sgpontevedra.com, posteriormente terás que recoller o dorsal nos lugares e datas que a continuación indicámosche.
DÍA - HORA - LUGAR
27 e 28/XII - 09,30 a 13,30 h. - Ibercaja (r/ Marques de Riestra, 21 Pontevedra)
29/XII - 09,30 a 13,30 e de 16,30 a 19,30 h - Casa do Turista de Pontevedra (Praza Verdura s/nº)
30 e 31/XII - 09,30 a 13,00 h - Casa do Turista de Pontevedra (Praza Verdura, s/nº)
O día da carreira, e só de xeito excepcional, os deportistas de fora do municipio de Pontevedra que veñan á San Silvestre poderán inscribirse, e recoller o dorsal, na propia saída de 15,30 a 16,30 horas.[/i]
O día da San Silvestre colga con imperdibles o dorsal recollido no peito en lugar visible; recorda que é imprescindible para poder participar.
Se queres trae un produto de alimentación “non perecedeiro” ,a partir das 15,30 horas á propia saída, para facerlle entrega ao “Comedor Social de San Francisco” como acción social deste evento.[u]
ARBITRAXE:
Será controlada, e cronometrada, por persoal do Comité Organizador.
INDUMENTARIA EN CARREIRA:
É obrigatorio levar o dorsal ben visible, estirado e no peito.
PREMIOS:
Entregaráselle un lacón ao gañador absoluto masculino e feminino, así como trofeos aos 3 primeiros homes e mulleres. Haberá agasallos a todos os participantes con dorsal que rematen a carreira, ata esgotar as existencias.
EMERXENCIAS:
Recomendamos que todas as persoas menores de idade, ou con mobilidade reducida, non se poñan en primeira liña de saída porque coa propia dinámica sempre se poden xerar algún incidente.
En caso de que calquera deportista inscrito con dorsal na Carreira San Silvestre 2012 estivera indisposto, poderá acudir a calquera das 2 ambulancias medicalizadas da Cruz Vermella, que estarán situadas, unha na liña de meta e a outra acompañando á cola do percorrido.
Circularán na cabeza da carreira, e á metade do percorrido, vehículos da organización.
VARIOS:
A organización no se fai responsabilidade dos danos físicos ou materiais que os corredores/as se podan ocasionar a eles mesmos, a outras persoas ou a elementos materiais.
A organización resérvase o dereito a efectuar calquera modificación nas condiciones indicadas, incluso a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas, ou outras forzas de causa maior, así o aconsellan.
As persoas inscritas ceden de maneira expresa, a Organización, o dereito a reproducir o nome e apelidos e a súa imaxen, durante esta carreira, sólo para a promoción da actividade física e do deporte, así como informarlles de futuras actividades relacionadas co atletismo. Para poñerse en contacto coa organización, poderán facelo a través do correo-e info @ sgpontevedra.com
COLABORADORES:
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra, Cruz Vermella Pontevedra, Supermecados Froiz e a Oficina de Voluntariado de Pontevedra.
Última edición por Musgo o Mar, 27 Nov 2012, 13:52; editado 4 veces