Lun, 26 Nov 2012, 11:42
Asunto: Re: VIG-BAY 2013 (17/03/2013)
Vale, xa vexo que este ano vai todo máis cedo, tanto o prazo de inscripción como as eternas discusións sobre o mesmo tema, que tanto nos gusta repetir (supoño que é tradición
)
Non entro para nada o de falar do prezo de inscrición, cada un é libre de facer o que lle pareza mellor. Imaxino que rematarei apuntándome a finais de xaneiro, con todos os colegas do barrio, como facemos sempre, ó mesmo tempo que encargamos unha copiosa comida en certo restaurante escondido na aldea de Torroña, que penso que é o verdadeiro motivo polo que nos anotamos cada ano na Vig- Bay
.
Pero xa que está o fío aberto , hai unha cousa que sí me "mosquea" da edición deste ano e que quixera compartir aquí... Está de moda isto de facer que as carreiras sexan "solidarias", e o ano pasado a Vig Bay apuntouse ó carro, emitindo dorsais solidarios para colaborar coas asociacións galegas de afectados por parálise cerebral. Como eu teño unha compañeira cun fillo nesas condicións, convencín a grupo de compañeiros, e entre todos axudáronme a pagar un dorsal solidario. Ata aí todo ben. O que xa me pareceu triste é que de mais de 4000 corredores, non pasásemos de 30 dorsais solidarios en total. Realmente isto da suposta solidariedade da carreira quedou en pura fachada. Paréceme mais lóxico e honesto o que fixeron os de Viña Costeira coa Media Maratón de Ribadavia ,e como se fai en tantas outras carreiras realmente "solidarias", destinando os fondos para unha causa, e sen andar con historias de dorsais de 2 clases e publicando listaxes de benefactores.
O meu mosqueo deste ano ven de que na Vig Bay volven poñer o do dorsal solidario, desta vez para axudar ós "novos pobres en tempo de crise", e os cartos van destinados a unha ONG viguesa, creada curiosamente fai uns meses, integrada e promovida por xente que da a sensación de pertencer a certo sector da "jet set" viguesa metid@s a irmás da caridade (coma cando Doña Carmen Polo se sentaba unhas horas na mesa de postulantes da Cruz Vermella). Non digo que sexa asi ó 100%, pero despois de entrar na súa web é a sensación que me quedou.
O ano pasado levei o meu dorsal solidario con verdadeiro orgullo, e creo que ata fixen mellor marca or iso. Pero este ano, creo que vou pasar ampliamente. O que me doe é que vendan como solidario algo que non o é no fondo.
Desculpade a parrafada tan longa que me saiu, pero é de agradecer ter un sitio onde comentar estas cousas.