Lun, 26 Nov 2012, 11:27
Asunto: Re: Ultra Trail AM
Impresionante carreira de aventuras en Barcelos.
Coñecin a Jeff no aparcamento, e logo fixen foto con él , Aguita e Magono.
Empezamos forte polas ruas de barcelos, ata chegar o monte.
Alí teño que quitar roupa que me sobraba e me sauda e adianta Bemarpa.
Imos Magono e eu vendo como Jeffe Aguita se nos escapan , pero nos a modiño.
No kmt 20 , nunha baixada técnica, o tolo de Magono se me escapa, e xa na subida do cortalumes vexo a catro ou cinco corredores, que vou adiantando, pero sin rastro do meu colega, que é moi bo subindo.
Nun avituallamento saudo a un rapaz, que resulta que e Chuki30, co que vou dende o 25 ata o 50, falando todo o rato e dándonos ánimos, preguntándonos cando chegariamos a avistar o Magono.
Cruzamos o regato ca tirolina, atravesamos pontes esvaradizos, rochas musgosas perigosas axudándonos con cordas, e finalmente chegamos o rio grande.
Faltaban 15 minutos para o peche do control, que era as 17:45, pero a zona das canoas non aparecía.Con cinco rapaces portugueses corrimos a tope pola beira do rio,pero as balizas nos levaban para o lado contrario, correndo por terra onde houbera ata hai pouco millo, e agora estaba nacendo herbiña, apartamos nunha supergranxa, chegamos a unha igrexa, baixamos de novo ata o rio, e nos deixaron montar nas canoas, pese a chegar un minuto fora do control.
Montei co Chuki nunha doble, e remamos rio abaixo en diagonal ata cruzar a outra beira.
Alí me dixo Chuki que non iba ben, e que non lle esperara.
En solitario afrontei correndo desa maneira os derradeiros 7 kmts, onde adiantei a seis lusos, que camiñaban, e xa ca linterna frontal subin pola ponte de pedra, a admirei a vila de Barcelos en todo su esplendor , ante a mirada dos transeuntes , polas ruas peatonais .
A 20 metros da meta, meu pai, a miña muller , e a filla, que collo en brazos para entrar con ela na meta, tras case 10 horas de carreira.
Alí me esperaba Magono ca moza, xa duchadiño, pois chegou unha hora antes, igual que Jeff e Aguita.
¿ Merece a pena tanto esforzo ?
Rotundamente digo que si.
Ninguna carreira por asfalto me produce esa sensación de pensar en chegar a meta e que se che nubran os ollos cas bagoas da emocion contida.
Os portugueses nos levan anos de ventaxa no tema das carreiras, e a súa amabilidade e agarimo, e digna de sinalar.
Sempre hai moi bo ambiente no monte, e como eu camiño e corro, dou feito esos esforzoa tan longos cos meus 97 kilos.
Ata a proxima de montaña, meus....
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO