Lun, 26 Nov 2012, 7:10
Asunto: Re: Objetivos Media Maratón de Villagarcía
Ainsss Mark, Mark...outra igual se é amodiño coma esta...pode ser...
Contenta porque rehabilitando lesión das feas aguantei os 21 km, o tempo xa o mellorarei se non me volvo a esnafrar por unhas escaleiras/rampa e volvo a quedar "escangallada" para meses...jijiji...
Sabía que cumprirías o teu obxectivo sen maiores problemas...
O meu tempo, sen entrar a gatas, 1:52:14....a sensación estupenda, primeiro porque levei unha estupenda compañía que tirou de min todo o camiño, segundo porque puiden ir animándovos a todos os Noitebros que cruzabades xa de volta cando eu aínda ía.....jajaja....e terceiro, porque nos puxemos ao final de todo na saída, así que adiantamos xente...e adiantar en lugar de que te adianten...NON TEN PREZO....
Carreira para repetir o ano que ven, espero que coas pernas máis asentadas.
Parabéns a todos os que cumpristes obxectivos e aos que non tamén, porque poñer unhas zapas para correr 21 km xa é digno de parabéns á marxe de tempos, obxectivos e demais familia....
A seguir correndo