Xov, 06 Dec 2012, 20:43
Asunto: Duatlón de Reis de Vimianzo
Como en anos anteriores, este ano tamén faremos o duatlón de Reparada, no concello de Vimianzo. Este ano haberá importantes novidades:
A primeira novidade é a data: 13 de Xaneiro pois o día "clásico", que é o 6 (día arriba, día abaixo), non pode ser porque ese día os voluntarios de Protección Civil non poden axudarnos mentres que o domingo seguinte si.
A segunda novidade, moito máis importante, é o formato da proba: en anos anteriores a proba consistía en facer primeiro uns 27 km de bici de montaña e logo 9100 m de carreira a pé. Pero este ano non será así, senón que será o duatlón de "toda a vida", é dicir, carreira a pé, bici e novamente carreira a pé.
As distancias si que cambiarán. En principio serán 5700 m de carreira seguida duns cuantos km de bici de montaña (aínda non é definitivo, pero serán entre 20 e 30 km) e finalmente 3 km e algo de carreira a pé.
En días seguintes xa poñeremos aquí toda a información, pero esta mensaxe é un adianto para que todos aqueles que queirades participar vos fagades unha idea de cando vai ser e de como vai ser.