Lun, 10 Dec 2012, 21:14
Asunto: Re: Duatlón de Reis de Vimianzo
Estiven falando onte co técnico de deportes do concello de Vimianzo, que é quen organiza (eu e uns cuantos máis, somos só colaboradores) e pregunteille sobre as dúbidas que foron aparecendo nas mensaxes anteriores.
En primeiro lugar espera publicar as bases esta semana ou a próxima polo que obviamente aínda non se abriu o prazo de inscrición. Iso si, será de novo limitada a 100 persoas. Seica o precio do seguro varía bastante según que se contrate para 100 ou para 150 persoas (e daí para arriba, peor aínda claro) e ademáis, como este ano hai cambio no formato, temos medo de que se monte un cristo nas transicións. Por iso decidiuse manter os 100.
En segundo lugar, este ano haberá que pasar por caixa
![Triste Triste](images/smiles/icon_sad.gif)
En principio serán só 3 euros ou por aí. Isto é así por dous motivos: 1) a falta de pasta (de feito o ano pasado non quedamos en números vermellos porque un patrocinador, Ferrokey, puso a última hora os cartos que faltaban para cadrar as contas) e 2) que así "obligamos" a que todo aquel que se apunte apareza logo o día da proba (o ano pasado faltounos xente que estaba apuntada e iso perxudica a outros que estaban en lista de espera e que non puideron competir porque as inscricións xa estaban pechadas).
En terceiro lugar, este ano SÓ se permite bici de montaña. Este ano imos ser severos nese aspecto. Todo aquel que queira participar con outro tipo de bici NON poderá competir.
Sobre o percorrido, tal como dixen serán uns 5700 m na primeira transición, logo uns 22 de bici (isto aínda non é definitivo) pero xa vos adianto que será un circuito sinxelo (ou sexa, nada técnico, sen subidas mortais e con baixadas sen perigo), e xa por último outro tramo a pé duns 3600 m.
Bueno, por agora iso. Se esquecín algo pois perdoade.