Mar, 11 Dec 2012, 12:52
Asunto: Re: Las mejores carreras del año
Resulta moi compricado elexir só tres carreiras, así que tiven que facer unha pequena trampa
1º
MiniTrail de Lugo : Recorrido precioso e moi divertido e asequible para todo o mundo, organización impecable e excelente trato de toda a xente do clube fluvial. Tódolos anos compartía este posto coa Lugo Monumental pero este ano ...
2º
Pedestre Stgo/ San Martiño Ourense: Ambas comparten similares características: multitudinarias, recorrido urbano bonito e divertido pasando polo casco histórico e unha organización correcta. Ademais este ano acompañaron as marcas en ambas e foi moi especial volver correr por Stgo 4 anos despois e por Ourense por primeira vez.
3º
Carreira da Auga de Sada: Recorrido divertido, excelente organización, moi bo trato e con fins solidarios ... difícil pedir máis. Ademais este ano leveime dous bonitos recordos da carreira gracias a xente do CAS.
Dóeme deixar fora ao Costa Trail de Oleiros pq para min ten o recorrido máis bonito ou o Maratón de Penedos pero só collen 3 ou 4
. Mención aparte merece Viano do Castelo pero creo q só valen as probas galegas para a clasificación.
www.24gramos.blogspot.com