Mér, 28 Feb 2007, 19:58
Asunto:
Levo unha morea de tempo sen escribir, pero é que estiven moi ocupado. a pesar de todo puiden sacar tres días para ir a Madrid e correr a II media maraton de latina. Así que a semana pasada so adestrei 3 días, un de rodaxe 50', outro de series de 500 e o último comendo filloas
A media a pesar de ser a segunda edición conta cunha organización que sabe facer as cousas moi ben, un público en todo o percorrido moi animoso, moita participación de atletas (aínda que lamentablemente moi poucas mulleres) e unha bolsa de corredor, avituallamentos e coidados despois da carreira moi satisfactorios.
O percorrido para os que coñezades a capital do Reino sae do barrio de Aluche, que se atopa saindo cara Extremadura, pasa pola casa de campo, onde o zoo, o parque de atraccións e o lago. Despois volta ao estadio. Os primeiros quilómetros fanse comodos, sobre todo pola baixada até o lago
, pero a volta é rompepernas, ademais o vento axudou a facelo máis incomodo
.
O tempo no que chegamos eu e o meu irmán foi 1h35'37'' polo meu crono, a satisfacción é que o primeiro me quitou menos tempo que na de ferrol, así que supoño que vou millorando.
O ano que ven temos pensado repetir.
PD: quizais non debería escribir aqui esto, pero era por non abrir un post e ocupar un espazo no listado de foros. como desculpa dicir que esta media é un adestramento para a vig-bay
Caminante, no hay camino, se hace camino al andar... (A. Machado)