Dom, 16 Dec 2012, 16:01
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe Buceta
ufffff, hoxe en Boiro parecia o diluvio universal.....que maneiriña de chover e ventar!!!!!
O final fomos 296 os "valentes" que nos atrevimos a desafiar o mal tempo e participar na proba , non estubo mal.
En canto a proba, xa facia uns anos que non a corria, e penso que o recorrido non ten moito que ver co que eu fixen na primeira ou segunda ediccion (o mellor e que xa non me acordo del, e si que é o mesmo). Para min fixoseme bastante duro. E verdade que a chuvia e o vento dificultaban moito o poder correr, pero tamen e certo que me habia feito unha idea desta proba bastante mais llana, e para min ten moita subida. De feito , revisando o grafico das altitudes, non parecen os desta carreira ( e seguro que o son).
Felicitar a organizacion por poder participar nesta carreira. Felicitar os voluntarios que se pillaron unha boa molladura. E moitas gracias polo chocolate quente do final que sentaba de maravilla.
Pero sentindo moito, non todo van ser felicitacions. Tamen lle hai que dar un bo tiron de orellas os organizadores, porque mira que levo participado en moitisimas carreiras, e creo que en ningunha vin tantos coches polo medio dos corredores como nesta proba. Penso que eso e algo que deben tratar de mellorar para futuras ediccions. Xa sei que o dia non axudaba moito, e que son moitos os cruces que nos imos encontrando o largo do recorrido, pero si non poden ser 8 km que sexan 4 km, pero penso que a seguridade dos que participamos é o mais importante neste caso. O dito tiron de orellas por este motivo (ainda que un pouco mais suave porque o tempo non vos axudou)..
Saludos.
Última edición por koala36 o Lun, 17 Dec 2012, 13:23; editado 1 vez