Mér, 05 Dec 2012, 2:17
Asunto: I Carreira Popular do Nadal, A Rúa
1ª CARREIRA POPULAR DO NADAL
1KG. SOLIDARIO
A RÚA DE VALDEORRAS 23/12/2012
O Concello de A Rúa de Valdeorras coa colaboración da Excma. Deputación de Ourense, a Delegación da F.G.A en Valdeorras, o Clube ADAS-Proinor e Asociación Trotadas de Valdeorras, organiza a 1ªCARREIRA POPULAR DO NADAL, proba oficial da FGA, que se desenrolará o vindeiro domingo 23 de Decembro, a saida estará situada na Praza da Estación.
Poderán participar nas distintas probas todos aqueles atletas nacionais que o desexen, non se autorizará a participación de atletas federados estranxeiros agás os portugueses que non houberan sido internacionais co seu pais.
As distancias son orientativas e non homologadas.
As
INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes do día
20 de Decembro.
As inscricións para a carreira absoluta terán un costo de
5 € . Mediante transferencia bancaria o ingreso no seguinte número de conta:
2096/0694/33/3479380604 de Caja España
E obrigatorio poñer no concepto da transferencia/ingreso o seguinte texto: “ A RUA” Indicando o seu Nome, Apelidos e número de D.N.I
Estas inscricións se realizará a través da páxina web da Delegación Valdeorresa de Atletismo (www.fgatletismo.es/valdeorras/)
Poderase inscribir no mesmo dia ata 1 hora antes do comezo da proba tendo un custo de 3€ o cal non terán dereito a bolsa do corredor.
A retirada de dorsais realizarase na mesa habilitada para tal fin na carpa habilitada para tal fin na estación de autobuses de A Rúa, de 10 a 11.30 h.
No momento de retirada do dorsal da carreira absoluta os participantes e acompañantes poderán facer entrega dun 1KG. SOLIDARIO, DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS PARA SER DONADOS A CARITAS
PREMIOS
-Haberá trofeo para o primeiro e medalla para o segundo e o terceiro clasificado nas seguintes categorías. Cadete e Xuvenil/Xunior.
-Haberá trofeo para os primeiro-a das seguinte categorías:
Veteranos A-B-C-D e Veteranas A-B
3 primeiros clasificados da categoría Absoluta masculina e feminina.
-Obsequiarase cunha bolsa do corredor
HORARIO-DISTANCIA E CATEGORÍAS
12.00H CADETE MASC. e FEM. 1998 e 99
3.300 M 1 volta
XUVENIL/XUNIOR MASC. e FEM. 1994,95,96 e 97
6.500 M 2 voltas
ABSOLUTO MASC. e FEM. Dende o 93 en adiante
7.000 M 2 voltas
VETERANS MASC.“A” e FEM.“A” 35 A 44 ANOS
6.500 M 2 voltas
VETERANS MASC.“B”e FEM.“B” 45 A 54 ANOS
6.500 M 2 voltas
VETERANS MASC. “C” 55 A 64 ANOS
6.500 M 2 voltas
VETERANS MASC. “D” + DE 64 ANOS
6.500 M 2 voltas