Lun, 24 Dec 2012, 13:29
Asunto: Re: Novidade: Carreira Sin-Son!!! (23/12/12)
Xa case o dixestes todo. Eu, en particular, contento coa xente do noso equipo, o Noitebra, que sen convocar nin nada reuniu a mái de 20 atletas.
Logo o recorrido, moi ben, salvo o vento, pero a iso non lle podemos poñer remedio, jeje. A costa "gorda" tamén se me atragantou, pero máis ben sería pola MM de Neda da semana pasada, jeje.
Máis valoracións:
Moi ben: o ambiente e a participación. Cantos amigos e amigas coñecidos había por alí!!! jejeje.
Moi ben: o avituallamento final.
Ben: os autobuses, aínda que o último retrasouse 10 minutos e chegamos con pouco tempo de quentar na saída (culpa miña tamén por non querer entrar a toda costa no anterior bus...).
Mal: o 2º avituallamento en carreira, case que desatendido, coas botellas abertas..., normal que algúns atletas intentando coller unha botella, tirasen co resto (vino cos meus ollos...). No obstante, sorte habelo (que non tiña por qué).
Mal o autobús gardarropupa : xa se comentou. Caos na xestión das bolsas. Consecuencia persoal, enfriei mal, e outra vez medio enfermo... aínda que iso tamén é en parte culpa miña por defectos de fábrica, jeje.
Regular: a distancia real final. Co fácil que era axustar o tema na saída. No obstante, este é un detalle secundario.
Mal a protección aos últimos atletas: ao marchar puidemos comprobar o que aquí se mencionou.
Do resto non podo opinar, xa que arrancamos pronto para Santiago e non pasei polas ducchas nin quedei á entrega de premios e sorteo.
En definitiva, felicitar á organización, que para ser a primiera edición non estivo nada mal, e a próxima vez, sendo carreira da FGA, metede competición por equipos, aínda que sexa sen premios en metálico, que iso sempre motiva un pouco máis e fomenta a participación...
Por certo, mc-ray, seica che tocou un xamón, pero cando a xente que tiñamos alí quixo reaccionar, xa o estaban sorteando de novo, jajaj. A próxima vez será...
Felices festas a tod@s!