Xov, 13 Dec 2012, 9:21
Asunto: V SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA
V SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA
A xente de Santiago organizamos o 30 de Decembro esta xuntanza para despedir o ano ó noso xeito, e imos polo quinto (aquí acaía unha rima,pero…). Esperamos que vos animedes a participar neste evento , que como sabedes é totalmente amateur, no que poñemos moi boas intencións, pero as veces..
A “Carreira” regularase porlo seguinte
Regulamento.
1. O CARSantiago será o organizador deste evento deportivo-festivo.
2. O CARSantiago, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
3. Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan as presentes bases e regulamentos que, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
4. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
5. Os atletas non participarán con dorsais tal e como ven sendo habitual neste tipo de eventos lúdicos-festivos-competitivos.(Se o final xa nos coñecemos todos!!!)
6. Non se vai utilizar CHIP nen ningún outro sistema de cronometraxe, pero así coma o ano pasado, tódos os que teñan Chip en propiedade e queiran vir con él, poden. Non vai servir de nada, pero parecerá unha carreira seria.
Por se algún está despistado: o finalizr a carreira non é necesario que devolvades os Chips (de ningún xeito ides saír na clasificación).
7. Todo corredor que: non realice o percorrido completo (sen unha excusa
aceptable coma : estaba cansado, espéranme na casa…etc),
que chegue á meta con dorsal ou ao entender dos xuices da organización cometa algunha irregularidade, será sinalado co dedo e despois abroncado por todo canto queira.
8. A saída será ás 20:00 h. dende a Porta dos Leóns no Paseo da Ferradura da Alameda Compostelana.
Este ano sí estará cortado o tráfico rodado, e case podemos asegurar que non nos van pechar a Alameda…e incluso teremos pista de xeo.
9. O percorrido será dar seis voltas o preímetro da Alameda, sen contar os paseos do Campo da Estrela. Explicación: Sairáse da porta dos leóns polo camino que vai por detrás do Quiosco da Música ata saír a Gardería e a partires de ahí sempre polo exterior ata a porta dos leóns. Así: seis voltas ( case seis km).
As categorías menores darán só duas voltas o circuito, e non poderán optar os premios. Cando decimos categorías menores referímonos a atletas menores de 14 anos, non a xente baixiña.
Sería recomendable que tanto algúns veteranos da Alameda coma novatos estiveran media hora antes para facer un quencemento enseñando o percorrido a quén non o sepa. De tódolos xeitos non creo que ninguén se perda na Alameda…MALO SERÁ.
10. Como era de esperar, o percorrido non estará sinalizado en cada kilómetro, nin nada que se lle pareza.
11. Unha vez rematada a proba farase a entrega de premios.(Se somos capaces de conseguir algún)
AVISO: Os premios non son acumulativos.
12. Este ano e a pesares da que está a caer, nós non imos facer control anti-doping, aínda que a organización non é permisiva con este tema, non temos medios a nosa disposición para facer os controles ( e menos co químico por medio!!!)
O que sí é probable é que teñades un control da Garda Civil cando vaiades para casa despois do brindis con cava co que remataremos este ano atlético.
IMPORTANTE:
ESTE ANO DESGRACIADAMENTE NON HABERÁ CHOCOLATE ( O CAMELLO QUE NOLO PASA ESTÁ OS DOMINGOS DE DÍA LIBRE)
A ORGANIZACIÓN ANÍMAVOS A PARTICIPAR