Mar, 25 Dec 2012, 21:55
Asunto: Re: Felices Fiestas y Prospero Año Nuevo
Fai dous anos que me dou por esta tolería de correr, e escasamente un ano que entro neste foro, e o que se me ven ó pensamento agora é que todos os que organizades e mantedes isto vivo tedes ben merecido un Bo Nadal, e os mellores logros e recoñecementos nun prospero 2013 . O voso traballo é impagable
Que no ano que comeza poidamos seguir a gozar de toda a información, debate, e amor polo atletismo que se respira nos moitos fíos que se abren cada día.
E como tod@s somos moi bos e nos temos portado ben este ano, que os Reis veñan ben cargadiños de regalos : esas zapatillas perfectas, unha boas marcas, un escudo protector antilesións, carreiras populares que sigan a facer honor ó seu nome, e todas esas cousas coas que soñamos de vez en cando