Lun, 24 Dec 2012, 12:30
Asunto: J.M.ABASCAL en Gondomar o día 29 coa S.A.VALMIÑOR
El atleta y medallista olímpico J. M. Abascal, con los deportistas de la Sociedad Atlética Val Miñor
O vindeiro día 29 de decembro, sábado, ás 12 da mañán, contaremos coa presenza do ex-atleta José Manuel Abascal, que impartirá unha charla no auditorio Municipal de Gondomar.
José Manuel Abascal foi un dos máis grandes medio fondistas do atletismo español, especialista en 1.500 m. Cinco veces campión de España en esa distancia, 45 veces internacional…, o seu maior logro foi a obtención da medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1984 en Los Angeles na distancia de 1.500 metros que podes volver a ver neste enlace. En 1985 foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias dos Deportes polo seu extraordinario palmarés que podes consultar neste outro enlace.
Consideramos que é unha estupenda oportunidade para os rapaces do clube, e animámosvos a participar e propoñer algunhas preguntas que queirades facerlle a un atleta da talla de Abascal, e que poidan ser de interese para todos.
Encantaríanos contar coa vosa asistencia neste acto organizado polo Concello de Gondomar e a S.A. Val Miñor, no que o millor medio fondista español dos oitenta compartirá con nós as súas experiencias.
Nos encantaría que todo o mundo que desexe participar poida animarse a ir.
Contaremos coa asistencia de deportistas galegos distinguidos que nos acompañarán no acto.
atletismovalmiñor.com