Mar, 25 Dec 2012, 23:12
Asunto: Re: Novidade: Carreira Sin-Son!!! (23/12/12)
Sencillamente IMPRESIONANTE sería o calificativo que lle poño ó esforzo levado a cabo pola organización desta carreira para que puidéramos pasar unha gran mañá facendo o que máis nos gusta. Incluso a posteriori, como está ocurrindo neste fío de conversación, están demostrando toda a súa boa disposición xa que están leendo as opinións de moitos de nós e explicando o por qué as cousas sucederon como foron, pedindo disculpas e recoñecendo os erros que son conscientes que cometeron. Penso que son poucas as organizacións que se implican deste xeito, interesándose polas nosas opinións e interaccionando dun xeito constructivo. Detalles como éste son os que me levan a pensar que esta proba terá un futuro moi prometedor (aparte da propia carreira en sí, que pareceume espectacular polos motivos que xa moitos de vós comentástedes).
É moi difícil que non haxa erros cando se trata de mover un volume de xente tan grande como o que éramos. Pero precisamente dos erros é do que hai que aprender, i estou seguro de que así será. Neste sentido non vou aportar nada novo que non se falase xa, quizás o máis "peligroso" dos que me tocou vivir dende a miña experiencia na carreira foi o dos palés que había no medio do trazado na zona portuaria de Portosín (creo que era para separar os dous carriles polos que transcurría o circuito), xa que podían facerlle dano a alguen tendo en conta que íbamos todos moi agrupados e non se veían con claridade. O resto de cousas penso que son pequenos erros que a mín nin siquera me resultaron molestos (o sorteo incluso pareceume divertido).
A miña valoración é moi boa, de 8 ou 9 sobre 10. Así fíxenllo saber o domingo ó director da carreira, e así o fago agora públicamente. Na provincia de León, que é en donde máis carreiras participo por estar vivindo alí, a maioría das carreiras non lle chegan a ésta nin á altura dos talóns, dende moitos puntos de vista: organizativo, participativo, ambiente, coste de inscripción e atencións ós corredores, ... En definitiva, SIN-SON é un luxo
O próximo ano, si as datas me volven a coincidir ben, sen dúbida serei da partida de novo.