sanvictor73 escribió: |
A realización dunha proba deste tipo é unha gran responsabilidade para quen a organiza e non queremos que nada saia mal |
sanvictor73 escribió: |
Síntoo por todos os que quedaches fóra. Para o ano que ben tentaremos ampliar o número de prazas. Debedes ter en conta que aínda que a proba estea organizada polo concello os medios dos que dispoñemos seguen a ser escasos. Temos que pedir colaboración de moita xente que participa de maneira desinteresada para levar esto a cabo. Non levamos control de tempo nin chips.... E unha proba lúdica na que pretendemos que a xente veña a pasalo ben, aínda que sabemos que moitos vindes a competir igual que se fose unha compteición oficial. Tampouco estou dacordo en que é igual 100 que 200. Todos aqueles que algunha vez organizarades un evento deportivo deste tipo sabedes que a maior número de participantes máis riscos se corren. A realización dunha proba deste tipo é unha gran responsabilidade para quen a organiza e non queremos que nada saia mal. O ano pasado todo saiu fenomenal e esperamos que este ano sexa igual. Sobre todo que non haxa ningún tipo de accidente e se hai algunha lesión que sexa de pouca importancia. Ten razón juandepila cando di que "dende fora a cousa vese doutra maneira". Prometemos que para o ano que ven imos intentar por tódolos medios ampliar o número de prazas, pero aínda así quedará xente fóra. Podo asegurarvos que se puxeramos 200 prazas este ano habería xente que non entraría. O dito, síntoo por todos os que non entraches e espero que para o ano que ben poidades participar. |