Lun, 14 Xan 2013, 11:58
Asunto: Re: Duatlón de Reis de Vimianzo
Eu tamén opino que a organización merece un 11 sobre 10. Tal como di Víctor nun post anterior, tomalos dorsais na meta ca que estaba caendo penso que era case imposible e, efectivamente, polas fotos, máis ou menos todos podemos sacar os nosos postos. En canto ós tempos creo que tamén case todos levamos os nosos cronómetros, pero así a nivel orientativo dicirvos que o primeiro, José Pardo Leis (repetindo o título do ano pasado
fixo en torno a 1h 27 minutos e o segundo, esa máquina chamada David Calzas
, fixoo só uns segundos despois.
En canto a "sufridores" vale que nós tivemos abondo (eu cheguei máis morto que vivo) pero penso que ten moooooooooooito máis mérito o sufrimento de todos os colaboradores porque estar alí toda a mañá parado aguantando estoicamente as chuvieiras tremendas que caeron, para min non hai forma de agradecerllo.
Non quería rematar sen recordar o enorme mérito dos postos de David Calzas e de Vicky así como os incribles ánimos de Teresa
Se Dios quere vémonos para o ano.