Foros ›
I CARREIRA CAMPO A TRAVÃ?â?°S DO CORGO - CORRUBEDO
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Lun, 05 Mar 2007, 21:12
Asunto: I CARREIRA CAMPO A TRAVÃ?S DO CORGO - CORRUBEDO

Estamos a darlle as derradeiras pinceladas a organización desta carreira, que pretende mitigar o deficit de probas deste tipo que temos na nosa comunidade e o mesmo tempo dar a coñecer a todo-los participantes de un lugar espectacular, de gran beleza natural e unhas paisaxes impresionantes, e desgraciadamente, descoñecida para a maioria das persoas, incluso dos propios veciños do Concello de Ribeira.
Situado moi preto das Dunas de Olveira, que fixeron mundialmente famosa a Corrubedo, e a sombra do Monte facho, atopamos este espazo donde nun circuíto de 7,250 kms. imos celebrar; o 29 de Abril; unha carreira campo a través. Podríamos chamarlle cross, porque vai ter todolos condicionantes, pero nos gusta máis a denominación que lle damos.
A saida e chegada vai ter lugar na aldea de Teira e o percorrido, boa parte del vai ser a beira do mar, ten pequenas subidas e baixadas, todo por camiños de terra que conservan en moitos puntos as rodeiras dos carros nas rochas. Pasaremos por unha zona de area o estar pegada a praia de Espiñeirido e para rematar, pasaremos polas faldas do Monte Facho.
O remate da proba, os amigos da Asoc. Cultura "Pau da Luz" de Corrubedo, que colaboran na organización, van preparar unha sardiña, con pan e viño para os partipantes e acompañantes.
Queremos darlle un punto lúdico-festivo a carreira e que os participantes, disfruten de unha carreira que a bó seguro non os vai deixar indiferentes.
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
0 Carreiras
3318 Mensaxes
Gondomar
Respostar citando Envío Lun, 05 Mar 2007, 21:38
Asunto:

Pois cun pouco de sorte apúntome a esta carreira. Hai tempo que teño ganas de participar nun Cross... pero maiormente son para federados... e eu son popular ate a médula (alomenos no que a deporte se refire).

Con esta proba podería pechar o mes de abril dun xeito diferente... tomo nota da data e estarei atento a todo canto vaia saíndo sobre esta proba. Un saúdo Castinheiras. A ver se así coñezo a algún foreiro máis da zona, como Barbanzón, co que ainda non coincidín nunca (bueno... contigo tampouco Guiño Guiño )
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 0:01
Asunto:

castinheiras, conta conmigo seguro. Corrubedo e todo entorno é realmente fermoso. Moitos fins de semana vou adestrar por esos paraxes. Estarei alí 100% e paréceme unha idea estupenda. Adiante!!! Moi feliz

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 0:22
Asunto:

Espero poder participar, e de paso sería a derradeira prova para entregar propaganda da carreira que estamos ultimando en Esgos para o tres de xuño.............adianto que tamen temos rodeiras de carros esculpidas nas rochas de feito pasaremos polo monasterio de San Pedro de[b][b] Rocas pero non vaiades pensar que é precisamente por adoquíns o circuito...........
VicMan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/11/06
0 Carreiras
300 Mensaxes
Colorado Springs
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 2:15
Asunto:

Un máis que se apunta seguro. Ademáis, e se hai previsión de bo tempo para dito fin de semana, aproveitarei para pasa-lo sábado e o domingo pola zona, en plan excursión; cómo me ghusta esa terra. A ver se animo a algúns colegas , apeteceriame un fin de semana nun Bungalow no camping Ría de Arousa II, fun un par de veces e está moi ben ( natureza, tranquilidade).

Pero ata entón coido que aínda vai chover moito.
fema

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/08/05
0 Carreiras
1483 Mensaxes
Santiago do Burgo, Culleredo
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 10:04
Asunto:

Muy buena iniciativa Castiñeiras y Cia.

Yo, ojalá no pueda ir Abraiado Molón Disimulando Pregunta ,............... porque una semana antes haya corrido y sufrido en Madrid.

De todas formas si convenzo a la mujer, a pasar el día por allí, (si le dijo que hay sardiñada seguro que si), estaré animando que la prueba tiene que consolidarse.

Saludos y p'alante

Fema

HALA UNIÓN, siempre estarás en mi corazón. Unión sólo hubo una. corunacomarca.blogspot.com.es/
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
485 Carreiras
3737 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 11:15
Asunto:

Outro ó que lle seduce a idea, tanto pola fermosura da zona como pola cercanía do lugar.
Se todo via ben espero estar alí.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 11:33
Asunto:

por fiiiinnn pareu a criatura!!!! Ríndose Ríndose
estupenda idea! circuito fermoso, e moi adecuado ó plantexamento que lle queredes dar...nin que decir ten que vou estar alí, para correr ( Avergoñado bueno, vamos, para ese "trotecillo cochinero" Avergoñado ) ou para axudar no que vos faga falta...
hala, a apuntar a cita nas apretadas axendas!!!!! Ríndose
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 11:34
Asunto:

Toda a bisbarra do Barbanza ten unha gran beleza, e a zona de Corrubedo cas dunas e a costa e moi bonita. De todas formas, o recuncho donde se vai a celebrar a proba, vai a sorprender a máis de un.
O nivel técnico da proba e medio, pero tamén temos un pequeno tramo de 100 mts de dificultade alta, máis que nada, porque é un carreiro (camiño estreito) por donde soamente poden pasar os atletas de un en un.
Estamos a ultimar o regulamento e tan pronto podamos imos dar toda a información e poñer fotos do percorrido, na páxina web da asociación cultura que organiza o tema.
Afiador, vas ter toda-las facilidades que poidamos darche para facer publicidade, incluso si ques mandar a información antes, podemos metela nas bolsas que imos dar os participantes.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 11:37
Asunto:

Grazas amigo Urko pola oferta de colaboración, son dúas as asociacions que van a organizar o evento, Asoc. Cultural Altofalante de Ribeira e Pau da Luz de Corrubedo e xente creo que temos de abondo para organizar.
De todas formas non vou esquecer a túa colaboración dado que eres un gran coñecedor da zona e sei que vas a estar para participar.
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 12:57
Asunto:

Eu tamén vou estar, o que ocorre é que creo que desta vez non vou correr... teño que botarlle unha mán ao amigo castinheiras co tema das clasificacións... E dada a experiencia que teño no tema... Avergoñado Avergoñado ningunha... Chorando agradecénse suxerencias e comentarios ao respecto... Guiño
Moitas gracias
Saudos
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 15:09
Asunto:

Barbanzon escribió:
Eu tamén vou estar, o que ocorre é que creo que desta vez non vou correr... teño que botarlle unha mán ao amigo castinheiras co tema das clasificacións... E dada a experiencia que teño no tema... Avergoñado Avergoñado ningunha... Chorando agradecénse suxerencias e comentarios ao respecto... Guiño
Moitas gracias
Saudos

Se non hai moitos participantes, cunha simple folla de excel pódense sacar as clasificacións. O ano pasado na de Ribeira, preparamos unha folla de cálculo e 10 minutos despois de rematar cada carreira, xa estaban expostos os resultados de cada categoría...logo en privado pódoche decir como facer unha táboa sencilliña...
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 16:37
Asunto:

Moitas gracias amigo Urko... xa falaremos do tema ... Guiño
Saudos
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 17:43
Asunto:

Me mandan un privado, preguntando si soamente imos ter unha sardiña para todos........estamos a pensar en esa posibilidade, pero últimamente as sardiñas que traen para terra os do cerco non están dando a talla que nos queremos, polo tanto imos ter que poñer bastantes sardiñas para que a xente poida repetir......esos si, viño a mares.

Decirlle o amigo Banderas, que non esquezo a oferta que lle fixen de un xantar, eu son moito de cumprir o que prometo, o que pasa é que esa data non me vai vir moi ben, presumo que vou estar un pouco liado, de todas formas espero coñecerche e así poder preparar a data do xantar; e tamén vas ter o gran honor de coñecer a Barbanzón, o meu fiel escudeiro, vai a ser o Director Técnico das Clasificacións, je, je, je, ¡que Cristo vai montar!.

Urko, o Barbanzón é moi eficaz, xá ten preparado a folla de calculo, ti non te preocupes, eres o primeiro na clasificación, non sei como fai, pero ti sempre saes de primeiro, polo tanto o asunto xá o temos arreglado.
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
0 Carreiras
3318 Mensaxes
Gondomar
Respostar citando Envío Mar, 06 Mar 2007, 20:08
Asunto:

Bueno, castinheiras xa vexo que estás ben de memoria. Non fai falla que me invites a nada... ¡¡¡faltaría máis!!!... pero agradécese o detalle.

O que sí quixera comentar aquí é que xa falei con alguén da zona... un compañeiro de traballo (o que non teño moi claro é se a súa muller é de ahí, ou él, ou os dous). Comenteille o da carreira e o dos organizadores, e díxome que ós de Ribeira non os coñece, pero que sí sabe cousas do grupo Pau da Luz de Corrubedo e aseguroume que para bóas esmorgas sempre están ben dispostos Guiño Guiño ...¡¡¡Xa estou saboreando as xardiñas!!! Mr. Green Mr. Green

Según este home moito do que fan como Asociación non sabe, pero festeiros seica son rato largo ¿non seredes vós da tropa esta por casualidade? Demo sorrindo Demo sorrindo Demo sorrindo Demo sorrindo . Se é así, entón entendo máis ainda o da invitación a comer... somentes falta que se apunte o "pelotón dos gorditos de Correr en Galicia encabezados por... poño por caso, un sibarita como Maloquesoy, e xa fixemos a Festa Rachada Molón Molón Molón

Tamén tivo o detalle de amosarme en GoogleEarth por ónde cré que pode ser o percorrido... baixando ata a costa e pasando por un carreiro a carón do mar e volta por unha pista nova de terra que abriron pola parte baixa do monte... ¿anda moi errado? Pregunta Pregunta





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos