Lun, 05 Mar 2007, 20:12
Asunto: I CARREIRA CAMPO A TRAVÃ?S DO CORGO - CORRUBEDO
Estamos a darlle as derradeiras pinceladas a organización desta carreira, que pretende mitigar o deficit de probas deste tipo que temos na nosa comunidade e o mesmo tempo dar a coñecer a todo-los participantes de un lugar espectacular, de gran beleza natural e unhas paisaxes impresionantes, e desgraciadamente, descoñecida para a maioria das persoas, incluso dos propios veciños do Concello de Ribeira.
Situado moi preto das Dunas de Olveira, que fixeron mundialmente famosa a Corrubedo, e a sombra do Monte facho, atopamos este espazo donde nun circuíto de 7,250 kms. imos celebrar; o 29 de Abril; unha carreira campo a través. Podríamos chamarlle cross, porque vai ter todolos condicionantes, pero nos gusta máis a denominación que lle damos.
A saida e chegada vai ter lugar na aldea de Teira e o percorrido, boa parte del vai ser a beira do mar, ten pequenas subidas e baixadas, todo por camiños de terra que conservan en moitos puntos as rodeiras dos carros nas rochas. Pasaremos por unha zona de area o estar pegada a praia de Espiñeirido e para rematar, pasaremos polas faldas do Monte Facho.
O remate da proba, os amigos da Asoc. Cultura "Pau da Luz" de Corrubedo, que colaboran na organización, van preparar unha sardiña, con pan e viño para os partipantes e acompañantes.
Queremos darlle un punto lúdico-festivo a carreira e que os participantes, disfruten de unha carreira que a bó seguro non os vai deixar indiferentes.