Mar, 22 Xan 2013, 18:47
Asunto: Re: V carreira de San Brais, Pontevedra
pablocrojo escribió: |
Acábome de enterar que existe o Circuito de Carreiras Populares de Pontevedra, primeira noticia que teño..
Alguén sabe algo máis?
Vémonos en San Brais |
QUE É O CCCP
O Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) é un programa anual de carreiras pedestres que se organizan ao
longo de todo o municipio para fomentar a actividade físico – deportiva e, en moitos casos, promover a vida
asociativa e deportiva en cada parroquia.
Entre os seus obxectivos está os de fomentar a recreación, a saúde, e a posibilidade de ocupar o tempo de lecer
de forma saudable.
QUEN ORGANIZA O CCCP
O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra (Organismo Autónomo do Concello de Pontevedra) coordina
o CCCP 2013 que contará coa colaboración xeral da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e a particular das
seguintes entidades sen ánimo de lucro Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e Asociación de Veciños
Salcedo Norte.
QUEN PODE PARTICIPAR
Todas as persoas maiores de 17 anos inscritas previamente na Liga do CCCP.
Todos os/as atletas deberán acreditar a súa identidade á hora de recoller a bolsa de corredor, con calquera
documento oficial que teña fotografía.
QUE CATEGORÍAS HABERÁ PARA INSCRIBIRSE NA LIGA DO CCCP 2013
CATEGORÍA ANO MAIOR ANO MENOR
Masculina:Júnior Feminina 1994 1995 Masculina Senior Feminina 1993 ata veteranos/as Masculina Veteranos/as 1 Feminina de 35 anos a 39 anos Masculina Veteranos/as 2 Feminina de 40 anos a 44 anos Masculina Veteranos/as 3 Feminina de 45 anos a 49 anos Masculina Veteranos/as 4
Feminina de 50 anos a 54 anos Masculina Veteranos/as 5 Feminina de 55 anos a 59 anos Masculina Veteranos/as 6 Feminina de 60 anos a 64 anos
Masculina Veteranos/as 7 Feminina de 65 anos en diante
Cada atleta das categorías de Veteranos competirá na que lle corresponda por idade cumprida no comezo da
primeira carreira que conforma o CCCP, mantendo dita categoría ata a última proba.
QUE CARREIRAS TOMAN PARTE NO CCCP 2013
Carreira de San Blas 02/02/2013 5.500 m 17.00 h.
Carreira do Monte Porreiro 07/04/2013 8.000 m 11.00 h.
Carreira do 10.000 15/06/2013 10.000 m 21.00 h.
Carreira de Santiaguiño do Burgo 25/07/2013 5.700 m 11.00 h.
Carreira de Campañó 21/09/2013 9.650 m 17.00 h.
Medio Maratón de Pontevedra 20/10/2013 21,097 m 11.00 h
Por motivos técnicos os horarios poderán variar lixeiramente.
En cada unha destas probas individuais poderán participar deportistas alleos ao CCCP, de non estar cubertas a
totalidade das prazas polos participantes do mesmo
www.facebook.com/jesus.bernalgomez