Foros ›
Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2013, 11:37
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

A buscar un disfraz cómodo para correr y nos vemos en Lalín, sobre todo después del buen sabor de la solidaria del 5 (y a aprovechar el bono regalo que me tocó ese día).
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2013, 11:55
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

Xa esta o regulamento no calendario de Correr en Galicia.

III Carreira do Cocido, Lalín

Data: domingo, 10 de febreiro de 2013.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: saída e meta Avenida Luis González Taboada (xunto á Igrexa de Lalín).
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Lalín máis o clube Escola de Atletismo Deza.
Inscrición: Ver punto 4 do regulamento.



O Concello de Lalín máis o clube Escola de Atletismo Deza, organizan o domingo 10 de Febreiro de 2013, de 11 a 13:30 horas, a 3ª Carreira Pedestre do COCIDO con saída e chegada xunto a praza da igrexa. As probas contarán co control técnico de championchipnorte e estarán suxeitas ao seguinte regulamento:

REGULAMENTO:
1. Poderá participar toda persoa que o desexe, a partires dos 2 anos de idade.

2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
Masculina e Feminina excepto a Pitufo que será Mixta.
- 2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN (feminina e masculina):
- *CHUPETE: nacidos no 2008 e posteriores
- *PITUFO: nacidos no 2007-2006
- BENXAMÍN: nacidos no 2005-2004
- ALEVÍN: nacidos no 2003-2002
- INFANTIL: nacidos no 2001-2000
- CADETE: nacidos no 99-98
- XUVENIL: nacidos no 97-96
- JUNIOR: nacidos no 95-94
- PROMESA: nacidos no 91-92-93
- SENIOR: nacidos no ano 1990, ata veterán.
- VETERANS: dende que cumpran 35 anos e agrupados de 5 en 5 años.
* As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federativas.

3. HORARIOS e DISTANCIAS:
11:00 h CHUPETE (100 metros).
11:05 h PITUFO (500 metros).
11:15 h BENXAMÍN (800 metros).
11:25 h ALEVÍN (1.100 metros).
11:40 h INFANTIL (2.200 metros) 2 voltas circuito 1.100 m.
12:00 h CADETE (2.200 metros) 2 voltas circuito 1.100 m.
12:20 h ABSOLUTA:–XUVENIL/JUNIOR-PROMESA-SENIOR-VETERANS (10.000 metros). 1 volta CIRCUITO GRANDE.
13:30 h ENTREGA DE TROFEOS e SORTEOS.

4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
- Inscrición SÓ de menores (ata Infantil incluido) que non teñan DNI : Gratuita, no correo carreiracocido2013 @ gmail.com ata o mércores 6 de febreiro, e con DNI, a través de www.championchipnorte.com

- Inscrición dende CADETE ata Veterán: www.championchipnorte.com

*Prezo ata o Mércores 6 de febreiro = 4€ propietarios chip. 6€ no propietarios (2€ polo alquiler do chip + 1 € SOLIDARIO para os NENOS SAHARAUIS).

*Prezo xoves 7 de febrero = 5€ propietarios chip. 7€ no propietarios.

¡Non se admitirán inscricións despois do xoves 7 de febrero.!

Deberán indicar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento completa, sexo, DNI-NIF, club, dirección, localidade e teléfono.

5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregará:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres, da carrera ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Camiseta conmemorativa (debuxo orixinal concurso escolar 2013) aos 600 primeiros que cheguen a meta.
- Trofeo ao mellor atleta local de cada categoría (sempre e cando non estea entre os 3 primeros da súa categoría).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demais agasallos, ao término de cada proba, xentileza de Eroski e Coca-cola.
- Obsequio especial “Embutidos Lalinense”, aos primeiros atletas masculino e femenino da carreira Absoluta e mellor clasificado local, tamén da absoluta. Resto de categorías ata fin de existencias.

6. SAÍDA - META: Avda/Luis González Taboada (xunto á Igrexa de Lalín).

7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, colocandoo no seu peito de forma visible para a súa identicicación durante a proba e a chegada. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal faráse o mesmo día 10 de febreiro, dende 1 h antes do comezo de cada proba.

8. CHIP: os atletas, dende cadetes, estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en alquiler a cada corredor (excepto aos propietarios de chip amarelo) e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sin chip, será obxeto de descalificación. Todos os que non sexan propietarios do chip, teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba.

9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.

10. Avituallamiento: entregaráse auga no km 5 da carreira absoluta.

11. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.

12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.

¡¡¡¡Apuntate!!!!

¡¡¡¡Apuntate!!!!

¡¡¡¡Apuntate!!!!
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3874 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2013, 12:12
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

Kandpalleiro escribió:
Outra proba para o domingo de entroido? espero que lles vaia mellor que ós da Media Maraton Viña costeira... e a ver si envian os datos e queren incluíla no circuito...

¿E ló? ¿Fan a media maraton os da viña costeira? E que non me entero, meu.

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2013, 12:27
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

Circuito carreira de 10km.


Última edición por M.I.G. o Mér, 06 Feb 2013, 16:10; editado 1 vez
runcharlysport

Novo foreiro
Novo foreiro
5/11/12
127 Carreiras
48 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Xan 2013, 11:56
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

*** Editado ***Agradeceriamos que escribieras sobre cada carrera en su post correspondiente

Moitas Grazas

Quian

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/03/07
0 Carreiras
119 Mensaxes
LALIN
Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2013, 14:44
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

A carreira dispón de 6 km. de percorrido a beira dun río, a mitade (3 km) son de terra (zahorra).

Compre gardar algo de forzas para os últimos 2 km. que pica un pouco para arriba pero a recta de meta é suave tirando costa abaixo.

Bonito circuito.
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 25 Xan 2013, 21:05
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

MES DO COCIDO

O Mes do Cocido de Lalín é unha iniciativa municipal que ten como principal finalidade potenciar o sector da hostalaría e a restauración local mediante unha campaña de márketing e publicidade específica, que se desenvolve desde o 15 de xaneiro ata o 14 de febreiro,facendo bo o lema “De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín”.
Coa pretensión de achegar o meirande número de visitantes a Lalín para degustar cocido, o Concello de Lalín edita cada ano un milleiro de carteis e máis de 25.000 dípticos promocionais para envialos a todos os municipios de Galicia, a centos de asociacións culturais e veciñais e tamén a empresas da nosa comunidade. Ademáis, a través destes dípticos, o Cocido de Lalín tamén está presente en Madrid, na Feira Internacional de Turismo (Fitur), e noutros certames gastronómicos como Turisport, Xantar ou Alimentaria.
Nestes folletos difúndense o nome, o enderezo e o teléfono dos restaurantes lalinenses que participan no Mes do Cocido para que calquera persoa ou colectivo que desexe acudir a Lalín a comer cocido entre o 15 de xaneiro e o 14 de febreiro teña completa información sobre os establecementos nos que pode facer a súa reserva para calquera día da semana.
O feito de que nesta iniciativa se implicasen un total de 35 restaurantes no 2012 permitiu ofrecer 5.280 prazas de aforo diario nestes establecementos, brindando ao mesmo tempo un amplo abano de posibilidades en canto a modalidades de preparación do cocido e tamén no referente aos prezos (que oscilan entre os 19 e 45 euros, dependendo de variables como a categoría do establecemento, os viños servidos ou os postres).
O obxectivo deste XIV Mes do Cocido é que colectivos, grupos de amigos ou familias se acheguen a Lalín a celebrar os seus encontros, acadando en cada tempada o servizo de 100.000 cocidos. Este ano os restaurantes participantes contarán novamente co distintivo que os acredita como establecemento adherido ao Mes do Cocido, e está previsto o reparto de agasallos e recordos entre os clientes.



Restaurantes participantes
NOMBRE DIRECCIÓN TELÉFONO PRECIO AFORO
A TABERNA DE VENTO Estación de Botos, 38. 629 306 679 25€ 30 pers.
A TABERNA O CAZADOR Cabreira, 4. Catasós 986782351 20-25€ 70pers
CASA MOURIÑO Matemático Rodríguez, 1 y 3 986 780 073/786 25-30€ 100 pers.
CASA GRANDE DE BENDOIRO Bendoiro de Abaixo s/n 986794289 40€ 700 pers.
CASA-BAR CURRÁS Praza da Igrexa, 2 986 781 251 25€ 50 pers.
CASA-BAR POLO Pintor Laxeiro, 4 986 780 261 25-30€ 25 pers.
CASA RODRÍGUEZ - DON XAMÓN Ramón Aller, 53 986 181536 20-25€ 250 pers.
HOSTAL AS VILAS Arenal, 4 986 780140 25€ 150 pers.
PENSIÓN LAS PALMERAS Arenal, 8 986 780 222 20-25€ 80 pers.
MESÓN O CRUCE Vilatuxe 986 782 428 25-30€ 90 pers.
PARRILLADA VILLANUEVA Corredoira, 84 986 780 344 27€ 250 pers.
PULPERÍA ROQUE Matemático Rodríguez, 9 986 781 027 25€ 130 pers.
RESTAURANTE AGARIMO Empalme, 2 - Donramiro 986 780 902 35€ 350 pers.
RESTAURANTE CABANAS Pintor Laxeiro, 3 986 782 317 35€ 120 pers.
RESTAURANTE FOGAR DE BREOGÁN Seixo, 1. Santiso 986 794 389 21€ 270 pers.
RESTAURANTE HOTEL TORRE DO DEZA Bergazos 986 787 666 25-30€ 300 pers.
RESTAURANTE LA DILIGENCIA Avda. da Estación. 8 986 784 080 20-25€ 250 pers.
RESTAURANTE LA ESTACIÓN Botos, 48 986 780 455 25€ 130 pers.
RESTAURANTE LA MOLINERA Molinera, 3. 986 781 172 45€ 214 pers.
RESTAURANTE LA ROBLEDA Vilatuxe, 36 986 783 679 22€ 110 pers.
RESTAURANTE-PARRILLADA TABOADA Arenal, 37 986 780 068 25-30€ 80 pers.
RESTAURANTE MATO Avda. Buenos Aires, 96 - Lalín 986 781 895 30€ 100 pers.
PARRILLADA LUIS Rúa C, 21 Lalín 986 781 086 25€ 85 pers.

M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 25 Xan 2013, 21:07
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

E o dia 3!!

XLV FEIRA DO COCIDO. 3 de Febreiro 2013

10,45 h. - Casa Consistorial:

- Recepción do/a pregoeiro/a e autoridades.

- Capítulo Xeral da ENCOMENDA DO COCIDO.

12,00 h. - Apertura da Feira.

12,30 h. - Pregón da XLIV FEIRA DO COCIDO no Palco Presidencial sito

na rúa Principal.

13,00 h. - Desfile de Carrozas, Charangas e Comparsas.

FORMACIÓNS MUSICAIS, CHARANGAS E COMPARSAS

Banda de Lalín.

Banda de Gaitas Deputación de Pontevedra.

Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas. Lalín.

Charanga Sulfamidas de Campo Lameiro.

Comparsa Os da Caña de Marín.

Charanga Aturuxo de Ribadeo.

Comparsa Os Remolóns de Vilagarcía.

Comparsa Portonovo na rúa de Portonovo.

Charanga O Mellor de cada casa de Burela.

Comparsa Pearl Harbor de Samieira-Poio.

Comparsa A.C. Teatro do Mar de Portonovo.

Comparsa Cor Café de Pontevedra.

Charanga KM Cero de Lalín.

Charanga Moita Troula de Lalín.

Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa de Cabeceiras de Basto-Portugal.

CARROZAS

Carroza Cooperativa de Botos. Lalín.

Carroza Grupo de Baile A Carballeira de Cercio. Lalín.

Carroza Asociación Santa Mariña de Pescoso. Rodeiro.

Carroza Cabaleiros do Deza. Lalín.

Carroza Cabaleiros de Lalín.

Carroza Geriatros Lalín.

Carroza Asociación de Veciños de Losón. Lalín.
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 25 Xan 2013, 21:10
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

Mas informacion sobre o cocido.
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 26 Xan 2013, 20:58
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

III Carreira do Cocido, Lalín

Data: domingo, 10 de febreiro de 2013.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: saída e meta Avenida Luis González Taboada (xunto á Igrexa de Lalín).
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Lalín máis o clube Escola de Atletismo Deza.
Inscrición: Ver punto 4 do regulamento.


4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
- Inscrición SÓ de menores (ata Infantil incluido) que non teñan DNI : Gratuita, no correo carreiracocido2013 @ gmail.com ata o mércores 6 de febreiro, e con DNI, a través de www.championchipnorte.com

- Inscrición dende CADETE ata Veterán: www.championchipnorte.com

*Prezo ata o Mércores 6 de febreiro = 4€ propietarios chip. 6€ no propietarios (2€ polo alquiler do chip + 1 € SOLIDARIO para os NENOS SAHARAUIS).

*Prezo xoves 7 de febrero = 5€ propietarios chip. 7€ no propietarios.

¡Non se admitirán inscricións despois do xoves 7 de febrero.!

Deberán indicar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento completa, sexo, DNI-NIF, club, dirección, localidade e teléfono.
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Xan 2013, 23:31
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

6. SAÍDA - META:Avda/Luis González Taboada (xunto á Igrexa de Lalín).
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Xan 2013, 16:02
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

Inscribete solo Faltan 9 días

- DENDE CADETE ATA VETERAN: www.championchipnorte.com


Prezo ata o Mércores 6 de febreiro = 4€ propietarios chip. 6€ no propietarios (2€ polo alquiler do chip + 1 € SOLIDARIO para os NENOS SAHARAUIS).

Prezo xoves 7 de febrero = 5€ propietarios chip. 7€ no propietarios.

NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS DESPOIS DO XOVES 7 DE FEBREIRO.


-MENORES (ATA INFANTIL INCLUIDO)


Que non teñan DNI : Gratuita, no correo carreiracocido2013 @ gmail.com ata o mércores 6 de febreiro,
Con DNI ata o xoves 7 (os que se inscriban o día 7, pagarán 1€ pola inscrición, a través de www.championchipnorte.com
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1947 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 29 Xan 2013, 19:39
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

Hay dos cosa que no entiendo: ¿Que recorrido hacen los cadetes (años 98-99)? ¿Pagan inscripción?

En Championchip, en las opciones, pone SOY NACIDO EN EL AÑO 1999 O EN AÑOS ANTERIORES Y CORRERE LA CARRERA DE 10Km.

En el reglamento dice: 12:00 h CADETE (2.200 metros) 2 voltas circuito 1.100 m.

Desde mi punto de vista, no sé que será mas exagerado, que paguen como un adulto y solo corran 2.200 mts., o que al final tengan que correr los 10.000 mts. de la absoluta, ¿no? A ver si alguien nos lo puede aclarar.

Saludos.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Xan 2013, 21:05
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

maxi. escribió:
Hay dos cosa que no entiendo: ¿Que recorrido hacen los cadetes (años 98-99)? ¿Pagan inscripción?

En Championchip, en las opciones, pone SOY NACIDO EN EL AÑO 1999 O EN AÑOS ANTERIORES Y CORRERE LA CARRERA DE 10Km.

En el reglamento dice: 12:00 h CADETE (2.200 metros) 2 voltas circuito 1.100 m.

Desde mi punto de vista, no sé que será mas exagerado, que paguen como un adulto y solo corran 2.200 mts., o que al final tengan que correr los 10.000 mts. de la absoluta, ¿no? A ver si alguien nos lo puede aclarar.

Saludos.

Aclaración:
Os cadetes si pagan, e corren os 2.200 metros establecidos no regulamento, que en Championchip poña 10km e porque no se queren estender poñendo a distancia de cada categoría.

Pero supoño que si se solicita poderán correr a de 10km, iso será decisión do corredor ou do club.

Espero que con isto se resolvan as túas dubidas.
M.I.G.

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/12/10
500 Carreiras
189 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 31 Xan 2013, 13:16
Asunto: Re: Carreira do Cocido de Lalin (10/02/13)

Xa somos 55, pero temos que ser moitos mais, animarse todos!!!

INSCRICIONS





- DENDE CADETE ATA VETERAN: www.championchipnorte.com


Prezo ata o Mércores 6 de febreiro = 4€ propietarios chip. 6€ no propietarios (2€ polo alquiler do chip + 1 € SOLIDARIO para os NENOS SAHARAUIS).

Prezo xoves 7 de febrero = 5€ propietarios chip. 7€ no propietarios.

NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS DESPOIS DO XOVES 7 DE FEBREIRO.


-MENORES (ATA INFANTIL INCLUIDO)


Que non teñan DNI : Gratuita, no correo carreiracocido2013 @ gmail.com ata o mércores 6 de febreiro,
Con DNI ata o xoves 7 (os que se inscriban o día 7, pagarán 1€ pola inscrición, a través de www.championchipnorte.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos