linkinpark escribió: | ||
Pues si,ese es el auténtico espiritu de todo esto,y es bueno contar estos gestos,sin duda al participante que hizo este gesto hay que darle las gracias,así cómo reprobrar al que se deshizo del papel tirandolo al suelo,no sabemos si en su casa también va tirando la basura por dónde le cuadra...pero en el monte no hace falta más... ..en este orden,decir que yo estuve entrenando hoy por el recorrido y daros la enhorabuena a los participantes,ya que prácticamente no habia nada de basura....también a la organización,que ya recogió el balizaje...todo está cómo antes de la prueba...si acaso algúna parte del camino más evidente despúes del paso de l@s valientes de ayer.. ..y hasta la próxima edición en Moaña...una prueba ya de referencia ! Saludos. |
SusanaRial escribió: |
Encantada de ter participado neste trail que, no meu caso, foi o primeiro. Paseino en grande e espero repetir. Por certo Guti, espero poder compartir moitas mais carreiras deste tipo contigo. |
Perpetuum_Mobile escribió: |
Carreira hidropónica, a versión blandibú - polo barro- do Monte Pindo. De seguro metéronnos por tantos regatos xeados e porco-lameiros insondables, e ata tivemos un deses "refrescantes chapuzóns" na praia da Xunqueira, todo para que xa logo non nos semellara tan fresquiña a auga da ducha -ou era un cortello con aspersores verticais?-. Moi decepcionado con Moutinho, creo que pisei un anaco de terra seco ;)))). Tarefa inviable chegar enxoito agás que un correra con chanclas de plástico ou botas de pescar. Isfo foi un Fraguel's Rock, pisciña incluida, e pedras habelas hainas, aínda que de incógnito no SPA de lama, máis que outra cousa. Porco lameiro, charcos insondables, camaradería, remolcadores espontáneos para extraer a xente do barro. Collín ferruxe na alma de ires tanto tempo enchoupado, andando a remexer na lama entoleirada de moito fozar o pelotón nela bulindo de cú costa arriba e abaixo, esguellados todos e escorrentando os salmóns co balbordo que metiamos ao escurrichar de corpo enteiro nos charcos propicios. como se fose nunha película A colina das zamburguesas - mestura entre "Humor amarillo" e o filme bélico-. chegamos ben embadurnados, listiños para fritir coma croquetas suadas e noxentas. Eso sí, tamén hai que recoñecelo: puxéronnos as laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Nos derradeiros quilómetos deume un paxarraco xa baixando - hai que comer...!!!- Abríndome paso lama a través, as pernas turraban indemnes pero os miolos non rexían e desertaban da ímproba tarefa de moverme a xeito senón torto, e aínda que ía os tombos coas pernas facéndome estranos tremores inestaveis conseguín non parar, pero a cachola non daba, estaba choca e con camiñar xa era de máis non ir torto abaneando. Grazas os que se interesaron polo corredor b/n, cheguei camiñando pero cheguei, especialmente a Manuel 2 (coñecido de Corredoira), que me orientou ata os comederos... Moi chula a carreira, 100% recomendable levar bañador. POR CERTO, ATOPEI UNHA BARRITA TIRADA E COMINNA, a ver estes cochos a ensuxar o monte!!! Saúdos a todos |
troitass escribió: |
Que pesados con disfrutar y con que esto no es asfalto.En fin,eu entreno toda a semana pra facer bos tempos nas carreiras.O que queira disfrutar que vaia a praya.Nos vemos sufriendo.. |
carballeira escribió: |
So darlle as grazas a unha das persoas que ata o último momento atenderon a Lupe, Alberto Pereiro. Animo Guadalupe que non xexa nada. |