Sáb, 21 Abr 2007, 0:13
Asunto:
Pois eu estaba agardando como auga de maio para inscribirme nesta media maratón. Foi a miña "
primeira vez" e xa se sabe que esas veces sempre marcan.
Non só foi a miña primeira media, senón tamén a miña primeira competición "oficial" xa de adulto. E que xa nin me lembro daquela época na que participaba nos campionatos escolares... aló pola metade dos anos 80
Por iso penso repetir; máis que nada para comprobar cómo me foi neste derradeiro ano de esforzos constantes (bueno, máis ou menos constantes
) comparando a mesma carreira en dous anos consecutivos... só espero mellorar a "marca" en, como pouco, 10 minutiños de nada
A ver cómo está o día, porque o ano pasado choveu e, na miña modesta opinión, case mellor, porque como chegara a facer o calor da Vig Bay do domingo poderíamos cair redondos.