Dom, 10 Feb 2013, 18:14
Asunto: Re: 2º Trail de Bembrive 10-02-2013
Saúdos, cabuxas con GPS, amantes dos charcos, lamaceiros todos.
Hoxe había unha pouca "mieditis" polas probabilidades de auga a cachón. Respectounos caseque toda a carreira e non había moito barro traizoeiro, agás no tramo final que semellaba querer chuchar os pés todos coa succión que tiña.
Coma sempre nestas trouladas da invernía, as duchas con auga "do tempo", para que non nos dera reacción, que o mesmo contracturamos...os cambios de temperatura sonche moi malos, abofé.
En troques de hipotermo, debín quedar hipocafeteira.
Outra carreira sen lesións, imos collendo a forma para rubilas de vagar mais de seguido, e precisión para non esmendrellarse baixándoas nin facelo como un cagainas - conservadoramente afouto, non kamikaze, se entende-.
Frigorías duchiles ao carón, chapó pra organización, ben sinalizado - incluso a tobeira/teixugueira das rochas psicodélicas, que eu penseime 'Non vou tan amolado para que me boten polo sumidoiro abaixo, aínda son aproveitable'
-, e bó xantarciño entre pizza, empanada e os
bocatas de xamón asado quentiños. Nisto estiveron moi atinados
, tódalas carreiras en inverno deberan poñer cátering en condicións ao rematar,
[b]QUÉ CONA DE barritas enerxéticas11[/b], PÓÑEDEME UN BOCATA DE LURAS, OXTIAS!!!
Saúdos a Guti, Vara e demáis xente foreira, vémonos na saída...
POSTDATA: se seguimos a fozar na lama imos camiño de converternos en sambesugas pedestres, toleiráns da lama, deportistas de regadío.