Lun, 04 Feb 2013, 11:49
Asunto: Re: Correr en Santiago
sasito escribió: |
miguelanxo escribió: |
Ás aforas:
Sigüeiro-A Barciela, a carón do río, no lado santiagués, circuíto duns 10 km por terra e apenas asfalto. |
Ola, boas.
O propio "miguelanxo" ou algun outro foreiro, podería dar algún detalle máis sobre este circuito de 10 km en Sigüeiro? Basicamente, como chegar e as condicións do mesmo (desniveis, etc.).
Saúdos, grazas! |
Ola:
Un pouco tarde pero che contesto, a ver se che serve.
Para acceder tes que coller a estrada de Santiago á Coruña. Ao chegar a Sigüeiro, xusto antes de cruzar a ponte sobre o río Tambre, tes que coller un desvío que hai á dereita. Despois dunha pequena subida, na que atopas a igrexa da Barciela, hai un desvío á esquerda que o tes que coller. Circulas por esa estrada e despois duns douscentos metros xa verás o camiño que comeza á esquerda da estrada.
O circuito ten unha distancia aproximada de 5 km (nun sentido), case todo sobre terra, practicamente chan, agás dúas pequenas subidas. A primeira sobre o quilómetro 3 e pico e a última ao final. Podes voltar polo mesmo camiño ou continuar pola estrada cara a urbanización Porto Avieira dende onde, ao carón do río, chegas á área recreativa do Refuxio. Alí poderás cruzar á outra beira do río e enganchar coa primeira parte do circuíto. Déixoche un par de enlaces para que poidas ver as dúas posibilidades.
Hai moitas variantes que podes facer para alongar a distancia e incluso para facer desnivel.
Saúdos.
connect.garmin.com/act...y/72739283
connect.garmin.com/act...y/53650944
Última edición por ghoselito o Mér, 20 Feb 2013, 21:22; editado 1 vez