Ven, 15 Feb 2013, 20:28
Asunto: Disfrutar e competir no monte
Disfrutar e competir
Veño observando que en moitos foros das carreiras de montaña aparecen foreiros que se empeñan en separar os términos disfrutar e competir como se fosen opostos. Esto chámame a atención en dous sentidos: como corredor e como aficionado ás carreiras que as disfruta tamén como espectador. Por este motivo gustaríame dar tamén a miña opinión sobre o tema, con ánimo de que ninguén se sinta ofendido polo que vou expoñer.
Como corredor:
A verdade é que só levo 33 participacións en carreiras populares dende decembro do 2010, un tercio delas, máis ou menos, polo monte. Dende que probei as carreiras por montaña, recoñezo que non me gustan as de asfalto, estrésanme, sobre todo cando son cortas, pero podo dicir que en todas esas carreiras sexan de asfalto, sexan de monte, dei o 100 % do que tiña nese momento. Cando entreno para unha carreira en concreto trato de chegar descansado e coa máxima forza para facelo o mellor posible. Cando unha carreira non é o meu obxectivo ou non se axeita ás miñas características ou non me interesa moito por algunha razón o que fago é non modificar os adestramentos, non descanso antes da carreira e tómoa coma un adestramento de calidade, pero dando tamén o 100% do que teña naquel momento.
A pesar de ser un corredor paquete, dos que nunca gañaremos ningunha carreira, nin estaremos cerca, recoñezo que cando máis disfruto é cando compito, sexa para quedar entre os 50 ou entre os 100 ou entre os 200 primeiros. Non me entendades mal, o posto dame igual e nunca esprinto para gañar postos, só o faría para subir ó podio cousa que mal que me pese non vai pasar, así que nunca esprinto. Pero se penso que non me esforcei o suficiente nunha carreira non me quedo conforme, eso é para min competir.
Entendo que alguén, por molestias, por unha lesión, por precaución, por falta de forma, corra por debaixo do que pode dar, etc. pero un participante que podendo facer dúas horas conscientemente fai tres, paréceme casi como facer trampa para perder e como corredor que compite con él non me gusta porque ó deixarnos chegar por diante del estanos enganando. E que me deixen gañar non me gusta nadiña. Eso faise cos nenos pequenos pero entre adultos queda feo…
Como espectador:
Como corredor son un paquete pero como espectador son moi esixente. Disfruto vendo pasar os primeiros e vendo pasar os últimos. O mismo respeto merecen os Arca, Riobóo, Pacios, Elpidio, Cancelo, Quintáns, etc. que os ves e parece que van sobrados que os últimos do pelotón que se ve que lles costa e que van afogando. Agora ben, non iría ver ningunha carreira se todos os participantes fixesen conscientemente tres horas podendo facer dúas. Xa sei que nas carreiras populares non corren (ou non soen correr) profesionales pero aínda así esa actitude como espectador que son paréceme inadmisible. Que vos parecería ir a ver a etapa do Alpe d’Huez e que pase todo o pelotón xunto falando uns cos outros?
Tanto como corredor coma espectador:
Gústanme máis as carreiras de montaña, con moita diferencia, e recoñezo que o reloxio é orientativo pois no mesmo recorrido inflúen moitos aspectos que no asfalto nótanse menos, sobre todo as condicións metereolóxicas. A paisaxe permite recorridos dunha beleza impresionante onde da gusto facer deporte, o asunto do firme irregular e as marcas que constitúen o recorrido da carreira evidentemente esixen unha maior concentración, a xente ten que ser máis solidaria pois está máis exposta a perigos e axúdanse máis uns ós outros. Na montaña é inadmisible non botarlle unha man ó que levas ó lado ou ó que atopas con algún problema. Uns minutos, nun trail de 30 ou 40 kilómetros non son nada.
Considero tamén que disfrutar de todo esto non está reñido para nada con facelo o mellor posible, é dicir, competir. Cando corro polo monte dame tempo a ver a paisaxe, a falar co do lado e a sacar unha foto co móvil se me parece que vale a pena, entre outras cousas porque a maior parte do tempo vou andando, non correndo, pero para “ir de paseo” non pago o que costa inscribirse nun trail, sobre todo estando federado, sabendo que podo facer o mesmo recorrido pola miña conta gratis.
Por todo esto, dicir que “os que amamos a montaña vemos o trail desta maneira” ou algo así, non me lembro ben, particularmente paréceme bastante mal porque se entende que os que non o vemos así non queremos o monte e eso non é correcto. Competir non é o contrario de disfrutar, nin moito menos, como pode comprobar calquera que consulte o Diccionario da Real Academia…
Pido disculpas se alguén se sinte aludido cos meus comentarios.
Por último, un exemplo: Anton Krupicka, como sabedes, tivo que retirarse dous anos seguidos de Leadville indo en cabeza con máis dunha hora de diferencia co segundo porque en vez de regular e gañar fácil quixo ir o máis rápido posible (competindo consigo mesmo). Xa sei que él é profesional, pero quizais por eso debera valorar máis gañar a carreira. Sin embargo, con eso “sólo” daquela non se quedaba a gusto. Cada un é cada un…
O máis importante, que cada un faga o que queira, faltaría máis, non vou ser eu o que diga o que teñen que facer os demáis