Lun, 11 Feb 2013, 17:19
Asunto: Re: VII Carreira Pedestre Popular Costa da Morte (Camariñas
Tede en conta que esta carreira non é a do ano pasado, no sentido de que este ano organizaa o Correo e o ano pasado era o concello. Quero dicir con isto que o percorrido igual non é o do ano pasado (non o sei).
No caso de selo, efectivamente é preciosa, tal como se dixo en posts anteriores, cunhas vistas tremendas pola zona do faro e, iso si, cunha subida (bueno, varias subidiñas pero levadeiras dentro do que cabe) ó alto da Vela que para min (o cal tampouco é moito dicir...) é bastante dura.
De todos modos, como digo sempre, as carreiras poden ser máis ou menos duras polos circuitos, pero na maioría dos casos facémolas nós duras cos ritmos que nos marcamos (eu creo que aínda que fagan unha carreira costa abaixo acabamos dicindo que é dura porque seguramente a fariamos a 2.30 o km e acabariamos fundidos e cunhas dores de rodillas que pa que contarvos

).