Mér, 20 Feb 2013, 11:29
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?
Ola:
Penso que os que van a Coruña, sairán a facer un test cara a maratón. Isto é tratar de facer mellor marca persoal, ou alomenos a mellor marca posible en función do seu estado de forma, ou sexa a tope.
Eu farei o mesmo na Vig Bay que queda a 5 semanas, e despois irei á media de Lisboa, unha semana despois cun obxectivo de facer un rodaxe longo, de calidade, pero sobre 1:25 ou 1:27. Todo dependerá de como me quede o corpo despois da Vig Bay.
A miña experiencia é ir a tope na media das 3 semanas anteriores a unha maratón, para dfinir claramente a situación de obxectivos a acadar na maratón.
Despois da media, con 2 días de recuperación, un, o luns con descanso absoluto e posible masaxe de recuperación, e outro, o martes, con rodaxe suave de 50 ou 60 minutos, o mércores penso que xa caberían 5 ou 6 series de 1000 ou similar, a ritmo de 3:50 por exemplo ( no teu caso, e imaxinando o teu obxectivo, tras coñecer os teus tempos anteriores). Isto é o meu parecer e o que persoalmente opino a nivel de planificación na preparación no TEU , sen esquecer que estas verbas non deben modificar nin contradecir a túa planificación xeral previa.
Saú2, sorte e fai o que penses máis axeitado, que acertarás.
Rama