URKO escribió: | ||
Comparación máis ilustrativa, imposible!!! |
guti290971 escribió: |
pois eu comparto en parte a idea dos que queren darlle caña e mellorar tempos e posicións. Eu mesmo son feliz se lle gaño a Norris ou a Magono, e temos vacile no clube polo whatsapp se me mollan a orella. Pero eu penso que son feliz somentes con disfrutar da soedade da montaña, neses intres que non ves a ninguén por diante nin por detrás,que te plantexas que carallo fas aquí en vez de estar durmindo o domingo pola mañá, e que poida acabar a proba sen mancarme e ca sensación de bágoas nos ollos indescriptible cando te espera a filla e a muller na meta. Asi como os alpinistas coleccionan oitomiles, a min gostariame completar as probas de montaña galegas e veciñas. podo dicir que non me venceu O Courel, nen Moaña, Bembrive, Parada do Sil, Alto Sil, serra de Arga , Barcelos, Illa de Arousa, clube fluvial de Lugo,Seixo branco,San Mamede, Esgos, Galiñeiro, Monfero. Disfrutei de cada metro e de cada segundo de estas carreiras dando todo para chegar a meta, mais ou menos nos derradeiros postos, pero chegar. De esa maneira teño a ben retar outras cotas virxenes para min como Penedos, Chandrexa, Viveiro, Xalo, Riós, pozo do Demo, Cuntis, Budiño, Triacastela, e comprobar nas miñas abundantes carnes se me castigan tanto como para abandonar o empeño. Cada dia son mais tarahumara ou raramuri, desprezando os reloxos, pulsómetros, amortiguación, que para min non é necesario para fusionarme ca natureza e enfrentarme con cada reto que me supon un novo , descoñecido e apatecible trail, a ser posible en compañía dos meus colegas (ata ese momento máxico que desaparecen diante dos meus ollos trepando ou derrapando cortalumes ). |