Lun, 12 Mar 2007, 0:03
Asunto: II TRAIL NO LAGO CASTIÃ?EIRAS
Hola a todos e todas:
Pois, como a semana pasada volvín ó Lago de Castiñeiras e repetir o percorrido que tan bo sabor de boca me deixara a semana pasada a pesar do mal tempo que facía.
Esta vez non fun soio, acompañoume Mafalda que tamén lle gusta moito escapar do asfalto cando pode.
Eran as 9:45 cando chegamos ás proximidades do Lago, había un soliño estupendo, cabalos por todos lados e moita xente en bicicleta de montaña, algúns deles uniformados polo que parecía o entreno dalgún equipo ou quizás había algunha competición por cerca.
Despuxemonos facer o percorrido que eu xa coñecía, hoxe sen tanta auga polos camiños e cun piso moito menos escorregadizo, de tódolos xeitos Mafalda coas super zapatillas Salomón de Goretex non hai superficie que se lle resista.
Non atopamos xente polo medio dos bosques, agás o conductor dunha pala escavadora dos que se adican a cortar madeira, si atopamos moitos animales que en canto saen os días tan estupendos como este domingo deixanse ver, igual que as persoas.
Coméntaballe eu a Mafalda que tal vez os foreiros lles gustaría este percorrido, ela poñíao en dúbida porque tal vez se lles faría un pouco duro e dificultoso sobre todo os descensos e as costas, quizais cando visiten o Lago mellor sería amosarlle outro percorrido que tamén temos feito moitas veces que é todo por pista sen asfaltar, non ten demasiada dificultade e tamén ten unhas vistas impresionantes.
O percorrido ten un desnivel positivo de 420 m. e un 0.001 de alfalto, a maioría é camiño con terra, pedras, cesped e maleza. Vai entre eucaliptais, piñeirais, e bosques autoctonos de carballos, bidueiros, salgueiros, loureiros, etc. Tamén ten zonas de monte baixo con toxos, xestas, fentos, uces, etc.
En resume unha marabilla, tempo 1 hora e 29 minutos, pero levando con calma lévase moi ben, esta vez un pouco máis duro que a semana pasada por segui-lo ritmo de Mafalda, pero estupendamente.
A vindeira fin de semana non vou sair porque non estarei, si algún quere ir correr a este lugar e meterse polos bosques, estupendo, pero que leve mapa ou vaia acompañado.
O día 24 carreira de orientación no Galiñeiros CAMPIONATO GALEGO UNIVERSITARIO, pero pódese competir fora de concurso, un sitio precioso tamén, así que si podemos alí estaremos e o 25 entreno de RAIDS en Pontevedra montado polos montañeiros, xa preguntei e pódese facer só a sección de orientación, o resto é Kayak mar, carreira, etc... porei a información na sección do foro adicada ás Carreiras de Orientación.
Un saúdo a todos, animo e espero algún día destes ter o pracer de acomñarvos nestes trails.