Ven, 23 Dec 2005, 23:51
Asunto: COMIDAS E ENTRENO NAS FESTAS
Eu, entre a Noiteboa e Reis xa sei cales van ser os menús familiares, e penso comer todo o que dín os libros de nutrición que é bó para o atleta:
- Marisco: proteinas, sodio, iodo, ferro, etc.
- Carnes Roxas: ferro, proteinas para as "carreiriñas de can"
- Pan do Forno da Casa: Hidratos naturais, sen bollería industrial.
- Figos e Pasas: Os hidrátos máis enerxéticos e rápidos do oeste.
- Viños Rioxa e Ribeira Sacra: Taninos moi bós para o asunto coronario.
- Cocido: Garabanzos (hidratos de IG baixo), patacas (fécula para o jasoil), carne de ternera, orella, etc.
- Turrón, que está composto de Almendra e mel (dous bós combustibles).
- E, despois de cada comida, sempre, baixo prescripción facultativa, unha copiña de caña de herbas (para axudarlle aos ácidos gastricos a traballar).
Como vos teño dito, xa non coido a alimentación o resto do ano, e entón non collerei moitos quilos.
En canto ao entreno, teño pensado sair de duas a 3 veces á semana ata o 11 de xaneiro, data na que comezaremos un plan organizado.
Valorade todo o bo que tendes na vida: a familia, os amigos, o traballo, os compañeiros, o corpiño que vos leva polas estradas de Nuestro Señor, e sobre todo a forza de vontade e a enerxia que vos empuxa a sair a entrenar e correr en calquera circunstancia.
PAZ NO MUNDO, Bush mediante!!!