Ven, 09 Mar 2007, 12:45
Asunto:
Imposible ocultar a ledicia que nos produce recibir os apoios dos grandes atletas da nosa comunidade. Moito de orgullo para nós, e que nos da folgos extras para que intentar que todo saia perfecto.
Esperamos que na categoría femenina o nivel sexa igoal de alto como o vai ser a masculina, é para nós importantisimo que a participación femenina sexa numerosa e escomenzar a romper esa desigualdade numérica que sempre temos nas carreiras entre ambos sexos.
Comentar que este fin de semana, imos estar en Teira-Corrubedo, para percorrer o circuito e ver o número exacto de persoas que imos necesitar o longo da carreira. Ver os camiños que temos que cortar, ver donde é necesario sinais de reformo e tamén, dado que o tempo parace que vai ser bó, sacar fotos da zona para, si é posible, a semana que ben poder poñelas na páxina web a igoal que o percorrido.
Comentar que xá se están a producir as confirmacións das empresas que van a colaborar e que o optimismo non invade. Queremos ser cautos, non temos moita experiencia, ainda que nos está axudando xente que si a ten, pero confiamos en que todo remate de forma altamente satisfactoria, tanto para os atletas que ides participar como para a organización.