aeiou escribió: |
Perfecta ? que lle pregunten ao grupo de corredores que se perdeu onde se cruzaban os percorridos e aos que ninguén avisou. Logo estivemos tirados no monte un montón de tempo ata atopar unha casa que nos acolleu a todos,uns 15 corredores.Despóis de chamar por teléfono para avisar á organización ,esta chegou tarde ,mal e nunca , cun só coche no que só cabían 4 persoas.Ao resto tiveron que rescatarnos algúns familiares de corredores.Descoñezo se aínda quedaba algún corredor máis perdido no monte, pero o Sr. dos abrazos non fixo acto de presencia cando preto da 1:30 chegamos os últimos.(No momento do extravío todos os que nos perdemos estabamos entre os 20 primeiros da carreira). Quero dar as grazas ao matrimonio que nos acolleu na súa casa e que nos tratou da mellor maneira posible porque eramos moitos. |