Dom, 10 Mar 2013, 10:59
Asunto: Re: GMTA #2: TRAIL NOCTURNO DE VILATUXE (LALIN - 09/03/2013)
De acordo con Guti, con Magono e entendo perfectamente os perxudicados (cos que falei largo e tendido o remate da carreira) . Todos aportamos cousas interesantes para que o fin o cabo milloren as carreiras. E todos debemos asumir as nosas responsabilidades. Eu perdínme no bucle, fixen algo mais dun kilómetro ata que recuperei o camiño. Preocupado, nervoso porque ia coa muller e ista ía mancada e pasandoo algo mal e o tempo tiña pinta de poñerse feo. Mais pensaba que na miña mochila levaba un teléfono con batería completa e dotado de GPS real, manta térmica (das boas, grande, reutilizable) , pilas de reposto, outro frontal con pilas novas, BRÚJULA Silva , outro impermeable, outros guantes, outro Buff, 1 litro de auga, tres geles, unha barrita, caramelos..¡e todo en bolsas estancas! , ¡e a muller o mesmo! Meus anos de biker e as rutas de montaña ensinaronme algo , e moito mais xente que disto sabe horrores como meu amigo Pepe de CN, que sempre dí que esa tendencia ó "minimal" e a aventura podo traer moitos disgustos. Sentidiño, boa letra, non mancarse e seamos serios. De 13 perdidos nise grupo, dito por eles, ningún levaba un teléfono móbil por "non ser estrictamente obligatorio" . Un móvil pesa menos que un gel. Así que todos a asumir a parte que nos toca e a millorar. Volo dí un que onte se perdeu.