Lun, 11 Mar 2013, 8:23
Asunto: Re: XXIII CARREIRA PEDESTRE SAN XOSÉ, As Pontes 23 de marzo
Ola taconeti;
ata o km 1,5 máis ou menos danse voltas nunha carballeira á beira dun ría, é por terra, menos en 2 momentos que pasas por unha ponte cruzando o río Eume. despois veñen uns 4 kms de asfalto, neste caso súbese ata un embalse por unha estrada (nun tramo hai unha costa pronunciada, que lle da o encanto á carreira), e unha vez chegas arriba baixas outra vez ata a carballeira (boas vistas do embalse), e rematas na carballeira 1 kms ou así para finalizar no mismo punto de saída.
A costa é dura, non nos vamos a enganar, pero por elexemplo se correche a última corre con nós, eu levo mellor a carreira e San Xosé, que ten 1 costa, e logo xa é todo baixar, que non o sube-baixa rompedor.
A min personalmente gústame moito, ten moito encanto, pero igual non fago proba ó estar condicionada,jejeje. E dicir que a carballeira de A Fraga onde se fan as carreiras dos nenos, e case metada da de adultos, é preciosa, se fai bo día apetece levar a merenda e quedarse a comer, cear,etc...
Ah! na foto que subín dos circuitos, a última é da carreira absoluta, e vese o perfil, na Fraga como che decía danse en total case 3 voltas, 2 ó principio e 1 ó finalizar.