Lun, 11 Mar 2013, 14:59
Asunto: Re: GMTA #2: TRAIL NOCTURNO DE VILATUXE (LALIN - 09/03/2013)
Parar comezar, un pouco de humor, que a xente está crispada
GALICIA MÁXICA "TROITA" ADVENTURE PRESENTS
-Meu deus canta auga, xa teño cara de píntega!!-
2ª ETAPA: Vilatuxe
Puntos de descontrol:
-A. Cavalls á leira
[De que cor é o cabalo branco de Vilatuxe?
]
-B. Maratón Des Charques (Non querías lama, pois toma dúas tazas!!)
MOUTINHÉS: suxerencias para novo rango no foro. Dícese do afeccioado -ou masoquista, éche o mesmo - as carreiras de Moutanha pasadas auga (senón chovera, xa estaba él ahí botándoa cun cubo, seica para ambientar). Por que vadear os regatos -charco móvil que lle chamariamos- se en troques disto podemos agatuñar por eles facéndolle as beiras a unha lesión por colisión coxis VS chan, caer de cú e deixar as nádegas renxendo feridas?
Xa ouvea o Moutinho co seu inaugural aturuxo, acicate de homes e bestas mixtas, e algunha afouta fémina abofé. Hai veces que solta a parrafada e non se lle entende ren, o importante son os azos que enxerga. Botei tres horas e pico e fun toda a carreira azacanado cunha chuleta Travesera que non quería asentar no bandullo. Nunca máis xanto tan tarde e tanta proteína, paseime a romería a botar proveitos polos recantos, a regoldar de indixestión, sorte que din aturado con todo dentro.
Tiven unha discrepancia cunha póla que "Viña" en dirección contraria e case me esfola a ingle e quedo aí empalado como un pincho tortilla (menos mal que o desbrozar non lle deixaron punta), e co esvarón tamén púxoseme un xemelgo de garavata, sorte que houbo quen me axudou a baixalo, MOITAS GRAZAS.
As duchas, do "tempo", como non, non vaia ser que arrefriemos de máis.
Agora, a polémica:
Agás algún aldraxado co siso retorto-revolto polo percorrido tanxencial-alternativo (que máis queredes, a mesma esencia do trail puro: correr no máis inhóspito e ignoto contando coas propias forzas), os demáis recoñecemos o traballiño feito de pór fitas ata as rás. Faltou que o cabalo fora reflectante, pero aínda así, moi boa sinalización.
Por moito que algúns malpocados pensen que as carreiras de montaña son só iso, carreiras, van un pouco desencamiñados, e claro, logo nos perdemos. De feito, veñen sendo un híbrido - anfibias se temos en conta os diluvios que papamos por riba e baixo - entre o pedestrismo urbanita e o montañismo andainante.
Resumindo: Atletismo de risco, e quen non queira velo que se amole. Lede o reglamento xeral e de cadansúa carreira, non fai falla levar un petate descomunal pero hai que ter un pouco de precaución e curarse en saúde levando, como mínimo, o material obrigatorio. Que se saiba, o participante non declina a SÚA IRresponsabilidade e deixa a integridade física nas mans da organización desentendéndose completamente de preservala intacta pola súa conta, e coas mesmas cláusulas, tampouco se obriga a organización a invocar helicópteros, patrullas de rescate en alta montaña, etcétera. Non estamos no Aconcagua, ou sí? Eu levaba 4 kg enriba de material que algúns reduciron ao mínimo, e no capítulo roupa de abrigo ata pasei calor ao principio. Non somos nenos pequenos, isto é como se cando estudiababas dislle a un docente "fágame aprender", -que para eso lle pagan, rosma implícita-; ou cando imos ao ambulatorio e lle suxerimos ao profesional sanitario que nos faga algo co colesterol que ten a teima de rubir coma escuma. Con 6 grados e vento a sensación térmica rondaría o punto de conxelación, aínda así, os lóstregos ían tan fresquiños que arrepiaba; lóxicamente, se me perdo e cuspo xeo é culpa miña independientemente de que estivera mal sinalizado -que non foi o caso, víase a frecha perfectamente para desambiguar para onde tirar de volta, e o resto de balizamento correctísimo, ata profuso dabondo- Se esa frecha estivo caída eu non a vin, pero aos poucos ben se veían sinais inequívocas. Sentidiño...
Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos GRANDES....
-agardemos que xa rematara a temporada de regadío e vaiamos enxoitos rubindo ao Galiñeiro-
Saúdos ao Guti Team, que "vou Toureado" é equivalente a dopado de redbull!!! Tamén ao resto de xente xa vellos coñecidos de fatigas dos que non sei o Nick. Recordos a Gonzalo, ex compi nun ex curro, que o día seguinte madrugou para "estirar as pernas" noutra carrreira.