Foros ›
I Carreira Pedestre Monte Porreiro (07/04/13)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
scondt

Novo foreiro
Novo foreiro
4/02/13
3 Carreiras
4 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2013, 15:46
Asunto: I Carreira Pedestre Monte Porreiro (07/04/13)

Se conoce el recorrido ya?

:: Reglamento y recorrido de la carrera en el Calendario
Iñaky

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/10/12
88 Carreiras
64 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2013, 19:39
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

Yo tambien estoy interesado en conocer el recorrido, pero de momento no hay ninguna informacion al respecto, personamente te diria que cuentes con subir un par de veces el desnivel positivo de la Rúa Holanda, un saludo, nos vemos allí.
davidcouselo

Maratoniano
Maratoniano
6/10/11
65 Carreiras
1208 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2013, 22:15
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

Sea cual sea el recorrido, habrá cuestas jodidas. Si no es por grecia (la peor), será R. unido, o francia...

Yo, personalmente, para hacerla más sencilla, bajaría francia, subiría r.unido, subiría alemania y portugal, y de vuelta a francia. Creo que es el recorrido menos rompepiernas que puede haber en monteporreiro...

Ya veremos!
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Lun, 11 Mar 2013, 18:50
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

Calquera rúa de Europa á que vaiamos está jodida, jodida.... Curiosamente a rúa sen costas é Alemaña Demo sorrindo . Curioso, curioso. Seguramente sexa cousa da Merkel.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
Serginho

Maratoniano
Maratoniano
2/11/10
0 Carreiras
519 Mensaxes
Moaña
Respostar citando Envío Lun, 11 Mar 2013, 19:01
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

Tiene su lógica.No tienes más que ver la maratón de Berlín como carrera plana por excelencia.
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Mar 2013, 13:51
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

REGULAMENTO DA I CARREIRA PEDESTRE MONTE PORREIRO - GRAN PREMIO U.N.E.D.


PREVIO Á CARREIRA
DATA: O Consello de Barrio de Monte Porreiro e o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan o domingo 7 de abril de 2013, a partir das 11,00 horas, a "I Carreira Pedestre Monte Porreiro 2013 – Gran Premio U.N.E.D."

PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

Chupete - Dende o 2013 - Ata o 2008
Pitufo/a ou Pre-Benxamín - Dende o 2007 - Ata o 2006
Benxamín - Dende o 2005 - Ata o 2004
Alevín - Dende o 2003 - Ata o 2002
Infantil - Dende o 2001 - Ata o 2000
Cadete - Dende o 1999 - Ata o 1998
Xuvenil - Dende o 1997 - Ata o 1996
Júnior - Dende o 1995 - Ata o 1994
Sénior - Dende o 1993 - Ata veteranos/as
Veteranos/as 1 - De 35 anos - A 39 anos
Veteranos/as 2 - De 40 anos - A 44 anos
Veteranos/as 3 - De 45 anos - A 49 anos
Veteranos/as 4 - De 50 anos - A 54 anos
Veteranos/as 5 - De 55 anos - A 59 anos
Veteranos/as 6 - De 60 anos - A 64 anos
Veteranos/as 7 - De 65 anos - En diante
Parellas Mixtas - 1995 - En diante
Parellas Masculinas - 1995 - En diante
Parellas Femininas - 1995 - En diante

Haberá unha categoría especial de parellas que poderán estar formadas por un home e unha muller (categoría parella mixta), dous homes (categoría parella masculina) ou dúas mulleres (categoría parella feminina). Estas parellas terán que facer todo o percorrido xuntas, entrando en meta cunha diferenza máxima de 5 segundos entre os membros da parella, contabilizándose o tempo de chegada do membro do equipo que entre en segundo lugar. En caso de non entrar no prazo máximo de 5 segundo a parella quedará descalificada.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.

- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).

- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.

A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

INSCRICIÓNS.
Faranse para as categorías Junior, Senior, Veteranos e Parellas ata as 23:59 horas do día 03 de abril de 2013 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba e serán na web www.championchipnorte.com

Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 08.30 ata as 09.45 horas) indicando o nome do/a participante e ano de nacemento.

Haberá catro (4) tipos de inscrición:
- Para as categorías Junior, Senior e Veteranos o/a deportista pagará a cota de 5 € mais, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso).

- Para as categorías de Parellas Mixta, Parellas Masculina e Parellas Femininas cada deportista pagará a cota de 5 € mais, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso), polo que resultará que cada parella pagará 10 € de inscrición máis, de ser o caso, o aluguer do/s chip/s.

- Para o resto das categorías a inscrición é de balde.

- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2013, será de balde. Para máis información en www.championchipnorte.com

Os membros da comunidade educativa da Universidade Nacional de Educación a Distancia U.N.E.D. (alumnado, profesorado e PAS) que se inscriban na carreira, deberán de pagar como todos no momento de inscribirse e a Organización devolveralles o importe da mesma (polo mesmo medio que fixo o pago), excepto (de non telo en propiedade) o aluguer do obrigatorio chip polo que terá que abonar 1 €. Para obter a devolución, de forma inescusable, no momento de recoller o dorsal deberá presentar o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.

No caso de que o/a deportista das categorías Junior, Senior, Veteranos e Parellas que se inscriba e pague, estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde e a Organización devolveralle os cartos (polo mesmo medio que fixo o pago), agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun "Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego" (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá carto algún. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.

ACCIÓN SOCIAL.
Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.

OUTROS.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da U.N.E.D. de Pontevedra e con entrada pola Rúa Francia, preto da zona da saída.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA.
A prioridade é achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta e de non ser así:
Dende Santiago ou Vigo : tomar a saída da autopista Pontevedra Norte e coller dirección a Pontevedra, avanzar 100 metros e na primeira rotonda (con edificios no seu interior) rodeala deixando o Servizo de Bombeiros de Pontevedra á esquerda e a Comandancia da Garda Civil á dereita, na primeira saída da rotonda coller á dereita (dirección Policía Local e ao Pazo de Congresos de Pontevedra) e pasar por enriba da autopista seguindo o Paseo de Domingo Fontán (paralelo ao río Lérez) ata chegar a unha gasolineira de Repsol e a unha rotonda dende a que tomaremos a segunda saída (dirección Recinto Feiral). Pasamos por diante do Pavillón Municipal dos Deportes e na seguinte rotonda tomamos a segunda saída (dirección Policía Local) para enlazar inmediatamente (100 metros) á dereita dirección Ourense. Xa estamos no Recinto Feiral de Pontevedra e avanzamos ata atravesar a Ponte dos Tirante e na primeira rotonda tras a ponte collemos a cuarta saída dirección Monte Porreiro (paralelos ao río) durante 2.5 quilómetros e ao atopar a primeira rotonda ir buscando onde aparcar para subir a pé a primeira costa a man dereita que atopamos.

Dende Ourense : Se vimos pola estrada Nacional 541 (Ourense – Carballiño – Cerdedo- Pontevedra) ao entrar en Pontevedra, e no primeiro semáforo e rotonda que atopamos, collemos a man dereita (está indicado Monte Porreiro); avanzamos e seguimos os carteis da U.N.E.D. xa chegamos.

O aparcadoiro da U.N.E.D., acceso pola rúa Portugal, 2 (con capacidade para 50 vehículos), estará dispoñible desde as 8:30 h e ata as 14:00 h.

A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
Farase nas instalacións da Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.) en Monte Porreiro dende o venres 05/04 e sábado 06/04 das 11.00h ata as 13.00 h e das 17.00 ata as 20.00 horas. Excepcionalmente o domingo 07/04 dende as 08.30 horas e ata as 10.00 horas para todas as persoas fora dos municipios da comarca de Pontevedra.

SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de "Seguro de Responsabilidade Civil" e dun "Seguro de Accidentes". Haberá unha ambulancia e un médico/a para a atención.

PERCORRIDO.
Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
Hora saída - Categoría - Distancia
10.10 - Chupetes - 150 m.
10.15 - Pitufos/as ou Pre-Benxamín - Benxamín - 300 m.
10:20 - Alevín - 750 m.
10:30 - Infantil - Cadete - 1.300 m.
10.40 - Xuvenil - Júnior - 2.600 m
11.00 - Senior - Veteranos/as 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8.000 m
11.00 - Parellas Mixtas - Parellas Masculinas - Parellas Femininas - 8.000 m.



AVITUALLAMENTO.
Ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

DESCUALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición, ou o Xuíz Árbitro, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

CHIP.
Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

REGULAMENTOS.
Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA
OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

PREMIOS.
A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.

Absoluta - 1º - 2º - 3º - Masculina e Feminina - Trofeos para todos/as

Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín e Infantil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.

Todas os/as participantes da categoría "Parellas" que suban ao podio serán obsequiadas cun mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com

PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 12.30 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.

TERCEIRO TEMPO.
Ao remate da carreira haberá un convite para todos os participantes.

PARA MAIS INFORMACIÓN.
Máis información a través da Sociedad Gimnástica Pontevedra (Teléfono 986 871 248 de 10 a 12 h. e de 18 a 20 h.) ou no correo-e info @ sgpontevedra.com


Última edición por Musgo o Mér, 20 Mar 2013, 14:50; editado 4 veces
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Mar 2013, 14:41
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

www.facebook.com/Circu...Pontevedra
estevezdom

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/09/11
0 Carreiras
73 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Mar 2013, 14:50
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

Antes do 7 de abril haberá que coller moza que corra entón jejejeje. Agora en serio, ten moi boa pinta. Noraboa pola iniciativa agardamos a data. Un saudo.
davidcouselo

Maratoniano
Maratoniano
6/10/11
65 Carreiras
1208 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Xov, 14 Mar 2013, 20:31
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

Ya está el recorrido colgado. Para ser Monteporreiro... es bastante asequible!
pumuky66

Novo foreiro
Novo foreiro
11/09/10
0 Carreiras
26 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Ven, 15 Mar 2013, 19:57
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

Me gusta el recorrido , me temia las cuestas aunque pillamos un tramo bueno de una , salida del mirador , subir dar la vuelta por detras del mirador , luego la cuesta a mitad pero llega , subir a la gasolinera y al fondo de monte porreiro a la altura de los pabellones meterse para la derecha y periferia entrando por el aguardenteiro aprovechando para tomar el pulpo ajajjaaj y algo para acompañarlo , uned y fin en el mirador denuevo .
Mi duda es si primero damos la vuelta al mirador o nos la dejan para el final . Nos vemos
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2013, 10:11
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro

Creo que queda en cada giro completo se da una vuelta al Mirador
luchonig

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
76 Mensaxes
Nigrán
Respostar citando Envío Ven, 22 Mar 2013, 20:42
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro (07/04/13)

Parece unha carreira interesante con subidas e baixas e cunha distancia non demasiado longo, se podo, ali estarei
luchonig

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
76 Mensaxes
Nigrán
Respostar citando Envío Ven, 22 Mar 2013, 20:43
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro (07/04/13)

A verdade que a cidade de Pontevedra estase a volcar con este deporte. Así da gusto
Pumuki

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
1/01/11
0 Carreiras
212 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Mar 2013, 22:14
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro (07/04/13)

¿é correcto que por inscribirme no circuito pague 5€+20€?
5€ de Monteporreiro
20€ do circuito

(teño chip amarelo)

Pios debe ser correcto
A Concellería de Deportes lembra que coa inscrición nesta segunda carreira péchase tamén o prazo para inscribirse no CCCP, polo que todas aquelas persoas que queiran anotarse aos prezos promocionados para todo o circuíto (25 euros para titulares de chip amarelo, con custos adicionais para os casos de adquisición ou aluguer) aínda teñen oportunidade de facelo. A día de hoxe, 120 corredores xa participan

Fonte, (extraido de): Championchipnorte
ABYOPO

Novo foreiro
Novo foreiro
6/02/12
9 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Mar 2013, 21:13
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Monte Porreiro (07/04/13)

Lo que no me parece bien del tema del circuito es que haya que conservar el dorsal para todas.
Como se te estropee o lo pierdas....
Yo conservé el dorsal de la Carrera de San Blas de milagro.
Veremos que tal se nos da por Monte Porreiro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos