Lun, 11 Mar 2013, 23:29
Asunto: Re: GMTA #2: TRAIL NOCTURNO DE VILATUXE (LALIN - 09/03/2013)
IMPORTANCIA DA ROUPA
No pavillón antes de empezar a proba chamoume a atención un rapaz con camisola de tirantes kalenji, de cor branca.
Non levaba cortaventos nin mochila.
Pregunteille se non ia ter frio.
A sua resposta foi que era moi rápido , e que correndo nunca tiña frio.
Non quero pensar que pasaría se fose un dos despistadillos que fixo kilómetros de mais, ou se mancara nun nocello, por exemplo.
¿ sería culpa de GMTA ?
no ultra do Courel había en O Cebreiro control de material obrigatorio, con penalizacións por tempos se había ausencia de algo leve ou descalificación por ausencia de algo mais importante.
Ese control eu boteino de menos no Candán.
E paradoxicamente parece que os mais lentos somos os que acarrexamos mais protección, pois os "semiprofesionais" van mais sobrados, sen teléfono, pilas....case desoindo as recomendacións previas da organización.
IMPORTANCIA DO TELEFONO MOVIL
Eu sempre levo cando entreno polo Bocelo ou polo rio Cabalar a miña mochiliña kalenji ca mantiña e o móvil.
Se me pasa algo chamo a muller ou a un amigo.
Na ultra do Courel, en 17 horas de carreira, comuniqueime ca muller,que estaba na casa, unhas dez veces o longo da proba, explicándolle onde estaba e as miñas sensacións.
Deixeille o track pegado na nevera cas optimistas previsións que fixera o amigo Kikotr3 para acabar sobre as 24:00.
A pesares de ir co corredor escoba, ou sexa, de derradeiro, nunca pensei en abandonar , e saber que ela estaba o outro lado, me daba forzas para dar cada paso, e que levaba cada vez mais retraso sobre o horario previsto.
No dorsal de GMTA veñen tres números o que chamar en caso de emerxencia.
Non dubido que veñan a axudar a calqueira que se comunique con eles explicándolles onde se atopa.
IMPORTANCIA DAS PILAS
A miña linterna leva 3 pilas recargables, que recarguei na víspera.
Dosificando nas subidas e alumando mais nais baixadas conseguín que me duraran toda a carreira, pero ,levaba na mochila 6 pilas alcalinas por se acaso.
IMPORTANCIA DA COMIDA
Levei dous xeles aptonia e duas barriñas isostar pulse.
Tomei os xeles nos kilómetros 7 e 14, e as barriñas chegaron intactas.
Calqueira zampabolos coma min pode aguantar unha hora ou duas a maiores nese trail de Vilatuxe se vai minimamente protexido, e sen subestimar a natureza cruel pero xusta.
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO